A lingua cueva é unha lingua indíxenaextinta de Panamá. Falada outrora polo pobo cueva, este grupo étnico foi exterminado entre 1510 e 1535 durante a colonización española. Aínda que o termo cueva se utilizou de diversas formas para describir unha etnia específica, moitos estudosos cren que os pobos que usaban a lingua cueva pertencían a varios grupos etnolingüísticos, e que esta lingua era de feito unha lingua franca.[1]
Durante os séculos XVII e XVIII o pobo guna repoboou a zona habitada polos cueva.
Loukotka (1968)[2] identificou por erro un vocabulario guna do Darién como cueva, o que provocou a confusión entre o cueva e o guna na literatura posterior (e.g. Greenberg 1987, Whitehead 1999, Ethnologue 2009), con algúns autores que relatan que o cueva era un dialecto ou devanceiro da lingua guna (Adelaar & Muysken 2004:62). A lingua e a cultura gunas son moi diferentes á cueva.
Loewen (1963) e Constenla Umaña & Margery Peña (1991) suxeriron unha conexión entre o cueva e a familia chocó.
↑Cooke, Richard (2021). "Origins, Dispersal, and Survival of Indigenous Societies in the Central American Landbridge Zone of the Isthmo-Colombian Area". En McEwan, Colin; Hoopes, John. Pre-Columbian Central America, Colombia, and Ecuador: Toward an Integrated Approach. Washington, D.C.: Dumbarton Oaks. p. 49–83.
Adelaar, Willem F. H.; & Muysken, Pieter C. (2004). The languages of the Andes. Cambridge language surveys. Cambridge University Press.
Campbell, Lyle. (1997). American Indian languages: The historical linguistics of Native America. New York: Oxford University Press. ISBN0-19-509427-1.
Constenla Umaña, Adolfo; & Margery Peña, Enrique. (1991). Elementos de fonología comparada chocó. In Filología y lingüística (No. 17, 1–2, pp. 137–191). San José: Editorial de la Universidad de Costa Rica.
Greenberg, Joseph H. (1987). Language in the Americas. Stanford: Stanford University Press.
Loewren, Jacob A. (1963). Chocó II: Phonological problems. International Journal of American Linguistics, 29 (4), 357-371.
Loukotka, Čestmír. (1968). Classification of South American Indian languages. Os Ánxeles: Latin American Studies Center, University of California.
Romoli, Kathleen. (1987). Los de la lengua de Cueva: Los grupos indígenas del istmo oriental en la época de la conquista española. Bogotá: Instituto Colombiano de Antropología, Instituto Colombiano de Cultura (Ediciones Tercer Mundo).