Linfocina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As linfocinas[1][2] ou linfoquinas[2] son un subgrupo de citocinas (ou citoquinas) producido polos linfocitos, un dos tipos de leucocitos do sistema inmunitario.[3] Son proteínas mediadoras producidas polas células T para dirixir a resposta do sistema inmunitario realizando sinalizacións entre as súas células. As linfoquinas poden ter moitas funcións, como a atracción doutas células inmunitarias, como os macrófagos e outros linfocitos, a un sitio onde hai unha infección e a súa activación para preparalos para realizar a resposta inmune. Os linfocitos circulantes poden detectar unha concentración moi pequena de linfoquinas e despois moverse seguindo o gradiente de concentración ata onde é necesario desenvolver a resposta inmune. As linfoquinas axudan ás células B a producir anticorpos.

Importantes linfocinas segregadas polas células T axudantes son:[4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. BUSCatermos linfocina
  2. 2,0 2,1 Diccionario Galego de Termos Médicos. Real Academia de Medicina de Galiica. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. 2002. Páxina 437. Nota: Admite linfocina e linfoquina
  3. Julius M. Cruse; Robert Edwin Lewis (20 de abril de 2009). Illustrated dictionary of immunology. CRC Press. pp. 208–. ISBN 978-0-8493-7987-1. Consultado o 24 de abril de 2011. 
  4. Guyton, AC; Hall, JE. (2006) Medical Physiology, Elsevier Saunders. 11th edition, pp.447.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre bioloxía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.