The Blows

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
The Blows
OrixeVigo, Galiza
Período2006 - 2014
Xénero(s)indie rock, post-punk revival, dance-rock
MembrosRoy Basanta
Bruno Mosquera
Tarci Ávila
Antigos membrosÁlex Penido (batería)
Gael Pintos (batería)
Álex Lago (†2013, baixista)
Na rede
www.blows.es
Last fm: The+Blows Musicbrainz: ffd78afe-8c7d-4650-aae6-93f7b3a82320 Songkick: 1057922 Discogs: 1125116 Allmusic: mn0002048157 Editar o valor em Wikidata

The Blows é un grupo de pop vigués creado a finais de 2005.

En 2006 autoeditaron a súa primeira maqueta e a partir de aí iniciaron algunhas actuacións para programas de radio e televisión locais. Con esa demo acadaron premios coma o de mellor maqueta no concurso Maketon Estrella Galicia, e foron finalistas en festivais españois coma Contempopránea, Vigo Transforma, Festimad ou Caceres Pop Art.

O 18 de agosto de 2013 faleceu vítima dun cancro o baixista eléctrico do grupo, Álex Lago[1]. Tras isto o proxecto dun novo álbum, que se ía chamar La Guerra del Fuego, quedou paralizado, despois de ter gravados numerosos temas[2]. Tras un último concerto homenaxe na memoria de Álex Lago, que se celebrou o 8 de marzo de 2014 na sala La Iguana Club de Vigo, a banda non volveu tocar.

Formación[editar | editar a fonte]

  • Roy Basanta (voz e guitarra)
  • Bruno Mosquera (guitarra)
  • Tarci Ávila (guitarra)

Discografía[editar | editar a fonte]

  • Upskirts- 2008 (PuPilo Records)
  • Ejército de fantasmas - 2011

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]