Liga ASOBAL 2019/20

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Liga Sacyr Asobal
Tempada2019-20
CampiónFC Barcelona Intersport
DescendidosNon houbo
Liga de Campións da EHFFC Barcelona Intersport
Copa EHFAdemar León
Bidasoa Irún
BM Benidorm
Partidos xogados240

A Liga Sacyr Asobal 2019/20 foi a 69ª edición da máxima categoría do balonmán español masculino, a 30ª coa denominación de Liga Asobal.

Desenvolvemento[editar | editar a fonte]

A tempada deuse por finalizada en maio de 2020, despois de que se disputaran só 19 xornadas das 30 previstas debido á pandemia de coronavirus de 2020, que mantivo a tempada parada desde febreiro.

A ASOBAL decidiu darlle o título de campión ao FC Barcelona, sendo este o seu décimo título consecutivo,[1] así como unha praza para a Liga de Campións da EHF da seguinte tempada. Ademais, Ademar León, Bidasoa Irún e BM Benidorm, este último como subcampión da Copa do Rei, foron os clasificados para a seguinte edición da Copa EHF. O Bidasoa Irún clasificouse para a competición europea por ser terceiro ao final da primeira volta, así como o Ademar por ser segundo ao final da mesma, xa que no momento do peche da competición o club vasco iba cuarto.[2]

A tempada concluíu sen descensos, polo que os dous últimos clasificados no momento en que se cancelou a competición, BM Huesca e BM Cangas, permaneceron na categoría.[3] Por último, decretouse o ascenso dos dous primeiros clasificados da División de Honra Prata, ascendendo a ASOBAL o BM Cisne de Pontevedra, que debutará na máxima categoría,[4] e o BM Villa de Aranda.

Equipos[editar | editar a fonte]

       

Clasificación[editar | editar a fonte]

Pos Equipo JX G E P GF GC Dif Pts
1 FC Barcelona (C) 19 19 0 0 730 472 +258 38
2 ABANCA Ademar León 19 16 1 2 560 499 +61 33
3 BM Logroño La Rioja 19 15 0 4 596 523 +73 30
4 Bidasoa Irún 19 12 3 4 523 478 +45 27
5 Liberbank Cuenca 19 11 1 7 520 489 +31 23
6 Fraikin BM Granollers 19 10 1 8 547 534 +13 21
7 Quabit Guadalajara 19 5 6 8 482 505 -23 16
8 Angel Ximénez Avia Puente Genil 19 7 1 11 527 557 -30 15
9 Viveros Herol Balonmano Nava (A) 19 5 4 10 465 491 -26 14
10 Recoletas Atlético Valladolid 19 7 0 12 523 553 -30 14
11 Fertiberia Puerto Sagunto (A) 19 5 4 10 504 573 -69 14
12 BM Benidorm 19 6 2 11 487 532 -45 14
13 Helvetia Anaitasuna 19 6 1 12 517 565 -48 13
14 Liberbank Cantabria Sinfín 19 6 1 12 466 528 -62 13
15 Bada Huesca 19 5 1 13 480 527 -47 11
16 Frigoríficos do Morrazo BM Cangas 19 2 4 13 458 559 -101 8
EHF Champions League
EHF European Cup
Descenso a División de Honra Prata
(C) Campión
(A) Ascendidos na tempada 2018/19

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "El Barcelona gana su décima Liga seguida tras ratificarse el final del campeonato". Marca. 4 de maio de 2020. Consultado o 5 de maio de 2020. 
  2. "El Bidasoa Irun, de nuevo a Europa". Diario Vasco. 5 de maio de 2020. Consultado o 5 de maio de 2020. 
  3. "El Bada Huesca seguirá en ASOBAL". Radio Huesca. 25 de abril de 2020. Consultado o 5 de maio de 2020. 
  4. "El Club Cisne jugará por primera vez en su historia en la Asobal". Marca. 5 de maio de 2020. Consultado o 5 de maio de 2020. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]