Liesel Pritzker

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Liesel Matthews»)
Infotaula de personaLiesel Pritzker

(2019) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Liesel Anne Pritzker Editar o valor em Wikidata
14 de marzo de 1984 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Chicago, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaGran Boston Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeEstados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Columbia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz de teatro , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1994 Editar o valor em Wikidata -
Participou en
Global Conference 2022 (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiRobert Pritzker (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMatthew Pritzker (en) Traducir, Jennifer Pritzker (pt) Traducir, Karen Pritzker (en) Traducir e Linda Pritzker (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0560093 Allocine: 18943 Allmovie: p199150 IBDB: 108210
LinkedIn: liesel-pritzker-simmons-793b8417 Editar o valor em Wikidata

Liesel Anne Pritzker nada o 14 de marzo de 1984 en Chicago, Illinois, é unha actriz estadounidense e herdeira da fortuna de Hyatt Hotels. Emprega o nome artístico de Liesel Matthews e é recoñecida por interpretar o papel de Sara Crewe en A princesiña, unha adaptación cinematográfica de 1995 do clásico de Frances Hodgson Burnett, e fixo da filla do presidente dos Estados Unidos no filme Air Force One.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Para os seus papeis no escenario e na pantalla, Liesel Pritzker emprega o nome artístico de "Liesel Matthews" por dous motivos. O primeiro, na honra ó seu irmán Matthew e en segundo lugar, para evitar conflitos entre os seus pais divorciados sobre se debe incorporar o nome do seu padrastro e se coñecería como Liesel Pritzker-Bagley.

Pritzker fixo o seu debut profesional como Scout nunha produción de To Kill A Mockingbird en Chicago. Ela tamén participou na obra teatral Vincent in Brixton, e gañou un Theatre World Award pola súa actuación.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Familia[editar | editar a fonte]

Liesel Anne Pritzker naceu no seo da rica familia Pritzker, de orixe xudía de Ucraína por parte do seu pai. Os seus pais son Irene (Dryburgh de solteira) e Robert Pritzker. É unha dos doce netos do patriarca Abram Nicholas Pritzker, financeiro e industrial que morreu en 1986. O seu tío, Jay Pritzker é o fundador da rede de hoteis Hyatt Hotel e propietario das aeroliñas Braniff dende 1983 ata 1988.

A familia controla o TransUnion e a Royal Caribbean Cruise Lines. Os Pritzker estiveron nos postos máis altos da revista Forbes como unha das familias máis ricas dos Estados Unidos.

Educación[editar | editar a fonte]

Pritzker graduouse na New Trier High School de Chicago e matriculouse na Universidade de Columbia. Actualmente estuda no instituto culinario francés en Nova York.

Demandas[editar | editar a fonte]

No 2002, durante os seus estudos na Universidade de Columbia, presentou unha demanda de seis mil millóns de dólares contra o seu pai e 11 curmáns maiores alegando que se apropiaran indebidamente dos cartos dos fideicomisos establecidos para ela e o seu irmán Matthew Pritzker. A comezos do 2005, as partes estableceron a demanda que conduciu á fortuna da familia a unha división en 11 partes, polo que 10 Pritzkers máis se uniron á lista da revista Forbes. Segundo o acordo, Liesel e Matthew recibiron 280 millóns de dólares en efectivo e se lles deu un maior control sobre outros fondos por valor de 170 millóns de dólares a cada un.

Novos Embaixadores para a Oportunidade[editar | editar a fonte]

Liesel Pritzker é a fundadora de Novos Embaixadores para a Oportunidade, unha rede de profesionais que teñen como obxectivo inspirar, educar e involucrar a outros nas micro-finanzas e o traballo na Oportunidade Internacional. En xuño de 2009, doou 4 millóns de dólares para axudar a ampliar os servizos de micro-finanzas en África.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
1995 A princesiña Sara Crewe Gañou un premio como artista infantil
1997 Air Force One Alice Marshall Nomeamento por mellor actuación feminina
2000 Blast Jessie 'Ears'

Véxase tamén[editar | editar a fonte]