Saltar ao contido

Lie to me (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lie to me
Logotipo
 Instancia de
 Título
Lie to Me (en) Editar o valor en Wikidata
Características
 Xénero artístico
 Formato de distribución
 Ambientado en
 Lingua orixinal
Implicados
 Creador/a
 Produtor/a
 Produtor/a executivo
 Compositor/a
 Elenco
Monica Raymund (pt) Traducir (Ria Torres (en) Traducir)
Brendan Hines (Eli Loker (en) Traducir)
Tim Roth (Cal Lightman)
José Zúñiga (pt) Traducir
Ronnie Gene Blevins (pt) Traducir
Dylan Minette
Luke Youngblood
J. Downing (pt) Traducir
Joe Egender (pt) Traducir
Alison LaPlaca
Michael Bofshever
Todd Stashwick (pt) Traducir
Paul James (pt) Traducir
Sherri Saum
Bernard White
Audrey Marie Anderson (pt) Traducir
Lauren Bowles (pt) Traducir
Natalie Dreyfuss
Alicia Coppola
Andrew Rothenberg (pt) Traducir
Roman Mitichyan (en) Traducir
Jessica Parker Kennedy
Gene Farber (pt) Traducir
Mekenna Melvin (pt) Traducir
Khary Payton
Chadwick Boseman
Jon Briddell
Liana Liberato
David Warshofsky
Ashley Johnson
Kay Panabaker (pt) Traducir
Abby Brammell
Brian Howe
Rowena King
Jay R. Ferguson (pt) Traducir
Michael Irby (pt) Traducir
JD Cullum
Marcus Giamantti (pt) Traducir
Christopher Stanley (pt) Traducir
Daniel Ross Owens (pt) Traducir
Anthony Ruivivar
Jennifer Irwin (pt) Traducir
Barry Livingston (pt) Traducir
Anne Bedian (en) Traducir
Richmond Arquette (pt) Traducir
Mary Mara
David Ury
Monique Gabriela Curnen
Rebecca Field (pt) Traducir
Clea DuVall
Merle Dandridge
Michael J. Harney
Stacy Edwards (pt) Traducir
Julia Campbell
Karim Saleh
Manny Montana (pt) Traducir
Victor McCay (en) Traducir
Mary Mouser
Jake Johnson
Michelle Clunie (pt) Traducir
Anthony Azizi
Waleed Zuaiter (pt) Traducir
Patrick J. Adams (pt) Traducir
Amanda Schull (pt) Traducir
Fredric Lehne
D. B. Woodside
Megan Dodds (pt) Traducir
James Marsters
John Dugan (pt) Traducir
Melissa George (pt) Traducir
Carter Jenkins
Lennie James
Ross Thomas (pt) Traducir
Mageina Tovah
Deirdre Lovejoy
Rachelle Leah (pt) Traducir
Mekhi Phifer
Tim Guinee
Hayley McFarland
Kelli Williams
Alicia Lagano (pt) Traducir
Robert Wisdom
Johanna Braddy
David Anders (pt) Traducir
Jake Thomas
Nolan Gerard Funk
Andy Umberger
Sasha Roiz
Ricky Jay
Antonio Fargas (pt) Traducir
Alexa Nikolas (pt) Traducir
Adelaide Clemens
Danai Gurira
Christine Adams (pt) Traducir
Timothy Carhart (pt) Traducir
John Pyper-Ferguson (pt) Traducir
Jessica Tuck
Mireille Enos
Paula Malcomson
John Carroll Lynch
Doug Hutchison
Courtney Ford
Jennifer Beals
Erick Avari
Noel Fisher
Michael Raymond-James (pt) Traducir
Dale Midkiff (pt) Traducir
Angus Macfadyen
Felicia Day
Sarah Ramos
Tiffany Hines (pt) Traducir
Kevin Tighe (pt) Traducir
Virginia Williams
Rick Hoffman
Vick Pratt (pt) Traducir
Tricia Helfer
Matt Malloy Editar o valor en Wikidata
 Distribuidor/a
 Emisora orixinal
Datas
 Data de comezo
21 de xaneiro de 2009 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
31 de xaneiro de 2011 Editar o valor en Wikidata
Cifras e dimensións
Duración42 min Editar o valor en Wikidata
Nº de episodios48 Editar o valor en Wikidata
Nº de tempadas3 Editar o valor en Wikidata
Formato de imaxe16:9 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Códigos e identificadores
Freebase/m/04zy56s Editar o valor en Wikidata
Fontes e ligazóns
IMDB: tt1235099 Allocine: 4073 Rottentomatoes: tv/lie-to-me Metacritic: tv/lie-to-me TV.com: shows/lie-to-me Netlix: 70140406 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Lie to me é unha serie de televisión estadounidense que se comezou a televisar en xaneiro de 2009 na cadea FOX e foi retirada de antena no mesmo mes do ano 2011.

A serie baséase no traballo de estudo e investigación da conduta humana realizado polo psicólogo Paul Ekman. A trama xira en torno a Cal Lightman e os seus compañeiros da empresa The Lightman Group que detectan verdades e mentiras para solucionar crimes.

Argumento

[editar | editar a fonte]

A serie mostra as investigacións levadas a cabo polo equipo formado polo especialista no comportamento humano Cal Lightman, interpretado por Tim Roth, e os seus colaboradores, a Dra. Gillian Foster, Eli Locker e Ria Torres. Analizan as microexpresións dos músculos da cara e o corpo dos sospeitosos, que delatan os seus sentimentos e impulsos.

O tempada o equipo presta os seus servizos a entidades coma o FBI ou a policía, ademais de casos particulares.

Personaxes

[editar | editar a fonte]

Principais

[editar | editar a fonte]
PersonaxeActorDescrición
Cal LightmanTim RothPsiquiatra especializado na detección de enganos, elaborou unha ciencia da detección de microexpresións corporais e faciais a partir da observación do vídeo gravado a súa nai xusto antes de que se suicidara. Utiliza esta ciencia para descubrir a verdade e axudar con ela ao próximo.
Dra. Gillian FosterKelli WilliamsPsicóloga, é a socia do Grupo Lightman. Céntrase na análise da voz, as palabras e a psicoloxía.
Ria TorresMonica RaymundÉ unha das escasas persoas que poden ver as microexpresións detectadas por Lightman de maneira innata sen ter estudado esa ciencia antes, unha natural. É a protexida de Cal Lightman, quen espera que esta se converta na maior experta en detección de enganos.
Eli LokerBrendan HinesExperto en psicoloxía de grupo, é o principal investigador do Grupo Lightman pero recibe un trato bastante esixente por parte de Cal para tratar de curtilo e que se gañe os galóns.
Ben ReynoldsMekhi PhiferÉ un axente do FBI, que actúa como enlace desta axencia no Grupo Lightman, participando tamén nos casos e aportando os coñecementos policiais.
Emily LightmanHayley McFarlandé a filla de Cal Lightman e Zoe Landau, divorciados, polo que reparte o seu tempo entre as dúas casas, vese envolta en varios casos do Grupo Lightman.

Secundarios

[editar | editar a fonte]
  • Zoe Landau (Jennifer Beals). Avogada, é a ex-esposa de Cal Lightman.
  • Detective Wallawski (Monique Curnen). Tras abandonar a súa relación co FBI, Wallawski convértese extraoficialmente no seu enlace policial, tamén mantén unha complexa relación sentimental co Dr. Lightman.
  • Sarah Lange' (Shoshannah Stern). Estudante de posgraduado na Universidade de Princeton, que é contratada no Grupo Lightman coma axudante na redacción do segundo libro de Lightman. Ten un moderado grao de xordeira.
  • Charles (Fajim Anguar). Estudante de posgraduado que tamén e contratado para axudar a Lightman co novo libro.
  • Bernand Dillon (Conor O'Farrell). Xefe de Detectives do FBI e persoa por encima de Reynolds, mantén unha antiga rivalidade con Lightman por unha avaliación negativa que fixo este último e que atrasou o ascenso de Dillon varios anos.
  • Rick (Carter Jenkins). Mozo de Emily Lightman.
  • Alec (Tim Guinee). Marido de Gillian Foster, traballa na oficina do Departamento de Estado, ao final da primeira tempada divórcianse.
  • Clara Musso (Melissa George). Primeiro aparece como sospeitosa de homicidio pero remata sendo socia do Grupo Lightman a causa da mala situación económica desta. Tamén mantén unha breve relación sentimental con Cal Lightman.
  • Dave Atherton (Max Martini). Psicólogo dun centro de detención de menores, establece unha relación sentimental con Foster. Porén desaparece ao ser en realidade un axente encuberto da DEA e ao rematar a súa misión en curso.
  • Karl Dupree (Sean Patrick Thomas). É o mozo de Torres durante a primeira tempada, desaparece da serie ao final da mesma tras saír ferido dunha explosión.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]