Saltar ao contido

Hauksbók

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Hauksbók
Imaxe
 Epónimo
Características
 Forma artística
 Edicións
 Colección
 Lingua
Implicados
 Creador/a
Cifras e dimensións
 Número de partes
   3 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Localización
Fontes e ligazóns
VIAF178143128 Editar o valor en Wikidata
Freebase/m/07cgnl Editar o valor en Wikidata
 Número inventario
Wikidata

O Hauksbók (Libro de Haukr) é un manuscrito do século XIV obra do noruegués Haukr Erlendsson. Trátase dunha compilación de textos diversos.

Características

[editar | editar a fonte]

É un dos poucos manuscritos noruegueses dos que se coñece a autoría, e desde o principio o manuscrito foi chamado Hausbók polo seu autor, Haukr Erlendsson (f. 1334), principal autor do texto e axudado por colaboradores. Evidencias paleográficas permitiron a Stefán Karlsson datar o manuscrito entre 1302 e 1310.[1]

O libro contén versións, ás veces as únicas versións amplas, dalgúns antigos textos islandeses, como o Landnámabók, a saga Fóstbrœðra, a Saga de Erik o Roxo, a Saga Hervarar e o Völuspá. Contén tamén unha sección de matemáticas de aproximadamente 6 ou 7 páxinas, chamada Algorismus. Este é o texto matemático máis antigo nun idioma escandinavo. Trátase probablemente dunha tradución do latín dalgunhas páxinas incluídas en libros máis antigos como Carmen de Algorismo de De Villa Dei de 1200, Liber Abaci de Fibonacci de 1202 e Algorismus Vulgaris de De Sacrobosco de 1230.

  1. ↑ Karlsson, Stefán (1964). "Aldur Hauksbókar". Fróðskaparrit (13): 114–121.