Ingólfur Arnarson
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 844 ↔ 849 Rivedal |
| Morte | 903 ↔ 910 Islândia |
| Actividade | |
| Lugar de traballo | Islândia (pt) |
| Ocupación | explorador, Goði (pt) |
| Familia | |
| Cónxuxe | Hallveig Fróðadóttir |
| Fillos | Þorsteinn Ingólfsson |
| Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Ingólfur Arnarson, nado en 849 e finado en 910 en Reiquiavik, considérase o primeiro colono nórdico de Islandia. Porén, non foi o primeiro escandinavo en visitar a illa, e vivir nela. O primeiro foi o viquingo sueco Gardar Svavarsson, quen permaneceu durante un inverno na que agora é a localidade de Húsavík.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]En 874, Ingólfur estableceu a súa residencia en Reiquiavik,[1] o que supuxo o comezo da colonización da illa, a cal durou ata o ano 930. A lenda narra que ao achegarse a terra descoñecida, Ingólfur ordenou guinda-lo mastro principal da súa embarcación ao mar. A súa intención era establecer o asentamento alí onde fose parar o mastro. Dese xeito, naceu a actual capital da Islandia, Reiquiavik.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Overview". Saga Museum (en inglés). Consultado o 2025-08-27.