Libro de Aneirin

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Facsimile dunha páxina do Libro de Aneirin.

O Libro de Aneirin (en galés Llyfr Aneirin) é un manuscrito galés de finais do século XIII que contén poesía en lingua galesa antiga e media atribuída a Aneirin, un poeta britano de finais do século VI.

Historia e características[editar | editar a fonte]

O manuscrito está na Cardiff Central Library. Data aproximadamente de 1265, pero probabelmente é unha copia dun manuscrito orixinal do século IX. A poesía púidose manter viva a través da transmisión oral. O poema máis coñecido que conteñen as súas páxinas é Y Gododdin, un antigo poema galés que conmemora os guerreiros de Gododdin (Lothian, na actual Escocia) que caeron na Batalla de Catraeth (probabelmente Catterick en North Yorkshire) sobre o ano 600. Partes deste parecen ser contemporáneas de Aneirin. A outra poesía, sen conexión coa batalla, inclúe, entre outros, un curto poema para un neno chamado Dinogad, que describe como seu pai vai cazar e pescar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]