Saltar ao contido

Liborio García

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaLiborio García
Biografía
Nacemento28 de novembro de 1969 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Lugo, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Complutense de Madrid Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, presentador de televisión Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1449913 Editar o valor en Wikidata

Liborio García Ferreiro, nado en Lugo o 28 de novembro de 1968 é un xornalista e presentador de televisión galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Tras licenciarse en Xornalismo pola Universidade Complutense de Madrid, iníciase profesionalmente na radio a través das emisoras locais da Coruña e Lugo de Antena 3 Radio. Máis tarde traballou na Cadena SER, en Radio Voz e en Lugovisión.

Comezou a gañar popularidade a partir de 1997 cando dá o salto á televisión nacional, presentando, xunto a Inés Ballester, o magazine En Antena, de Antena 3. Precisamente con Ballester formaría tandem profesional á fronte doutros espazos da mesma canle como Ver para creer (1999) ou o reality show El bus (2000).

En 2000 coincidiu con Cristina Saavedra durante os primeiros meses de emisión do informativo Ahora e máis tarde con Paula Vázquez en Mira tú por donde (2002).

Para Telemadrid conduciu o concurso Despega como puedas no ano 2002, para en 2004 volver a Antena 3 substituíndo a Carlos García Hirschfeld á fronte de Noche de impacto, programa no que se emitían vídeos caseiros con imaxes de deportes de risco, accidentes, persecucións policiais etc.

Traxectoria en TV

[editar | editar a fonte]
  • En Antena (1997-1998) en Antena 3.
  • Ver para creer (1999) en Antena 3.
  • Ahora (2000) en Antena 3.
  • El bus (2000) en Antena 3.
  • Mira tú por dónde (2002) en Antena 3.
  • Despega como puedas (2002) en Telemadrid.
  • Noche de impacto (2004-2005) en Antena 3.