Lewis Leonard Forman

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lewis Leonard Forman
Nacemento29 de xuño de 1929
Lugar de nacementoLondres
Falecemento16 de xuño de 1998
NacionalidadeReino Unido
Alma máterUniversidade de Londres
Ocupaciónbotánico
Profesiónnaturalista, botánico
editar datos en Wikidata ]

Lewis Leonard Forman, nado o 29 de xuño de 1929 en Londres e finado na mesma cidade o 16 de xuño de 1998, foi un naturalista e botánico inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Queen Mary College da Universidade de Londres, onde se licenciou en 1950.[1]

A súa carreira botánica comezou, dado o seu interese polo sueste asiático, no herbario de Bogor, en Sumatra (Indonesia).[2]

En 1951 foi contratado para formar parte do persoal dos Royal Botanic Gardens, Kew, nos que foi un alto funcionario entre 1966 e 1989.[1]

Entre outros moitos taxons, describiu en 1962 o xénero Trigonobalanus.[3]

Honores[editar | editar a fonte]

Epónimos[editar | editar a fonte]

Especies
  1. (Euphorbiaceae) Glochidion formanii Airy Shaw.[4]
  2. (Lauraceae) Litsea formanii Kosterm..[5]
  3. (Melastomataceae) Medinilla formanii Regalado.[6]
  4. (Menispermaceae) Stephania formanii Kundu & S.Guha.[7]
  5. (Menispermaceae) Tinospora formanii Udayan]] & Pradeep.[8]
  6. (Myrtaceae) Eucalyptus formanii C.A.Gardner.[9]

Abreviatura[editar | editar a fonte]

A abreviatura Forman emprégase para recoñecer a Lewis Leonard Forman como autoridade na descrición e taxonomía en botánica.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Dorr, Laurence J. (1998):. "John J. Wurdack (1921-1998)". Taxon 47 (4): 971–973.
  2. Forman, Lewis Leonard en Index of Botanists. Universidade Harvard.
  3. Trigonobalanus Forman no IPNI.
  4. Kew Bull. 27 (1): 25, 1972 (IK).
  5. Reinwardtia VII. 347, 1968 (IK).
  6. Blumea 35 (1): 56, 1990 (IK).
  7. Bot. Not. 129 (3): 259. 1976 (IK).
  8. Edinburgh J. Bot. 66 (1): 77 (-80; fig. 1), 2009.
  9. (APNI).

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Duane Isely (1994): One Hundred and One Botanists. Ames, Iowa: Iowa State University Press. ISBN 0-8138-2498-2, pp. 46-48.

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]