Let the Dominoes Fall

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Let the Dominoes Fall
Álbum de Rancid
Gravaciónxaneiro do 2008 - febreiro do 2009
Estudio(s)Skywalker Sound
Duración46:16
Xénero(s)punk rock, hardcore punk, ska punk, street punk
Selo(s)Hellcat Records
Producido porBrett Gurewitz
Cronoloxía
B Sides and C Sides Let the Dominoes Fall -

Let the Dominoes Fall é o sétimo álnum de estudio da banda estadounidense de punk rock Rancid, publicado o día 2 de xuño de 2009 a través do selo Hellcat Records. É o seu primeiro traballo con material novo en case seis anos, despois da edición en 2003 de Indestructible, e o primeiro co batería Branden Steineckert, que se uniu a Rancid tras a saída de Brett Reed en 2006.

O espazo de tempo de case seis anso entre Indestructible e Let the Dominoes Fall foi o ooa máis grande que Rancid deixou entre álbums de estudio na súa carreira. A banda comezou a traballar en material novo despois do seu hiato no 2004, pero non se souba nada dun novo traballo ata xaneiro do ano 2008, cando anunciaron que comezaran agravar co produtor e membro de Bad Religion Brett Gurewitz. O proceso de composición e gravación rematouse en febreiro do 2009.

O peimeiro sinxelo do novo traballo, "Last One to Die", foi lanzado o 7 de abril do 2009 a través do Myspace da banda. O 26 de maio o álbum puido escoitarse enteiramente nesa páxina, e o 2 de xuño sería editado. "Up To No Good" foi publicado como segundo sinxelo.

Unha edición deluxe tamén apareceu o día do seu lanzamento. Esta inclúe un CD extra con 12 dos temas do disco en acústico, un DVD documentando a elaboración do álbum, tres pósters e catro pugas de guitarra. Estreouse no número 11 da lista Billboard 200, sendo o posto máis alto de Rancid ata a data.

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Rancid, agás onde se indique. 

N.º TítuloLead vocals Duración
1. "East Bay Night"  Armstrong 2:05
2. "This Place"  Armstrong 1:03
3. "Up to No Good" (composta por Rancid e Brett Gurewitz)Armstrong 2:40
4. "Last One to Die"  Armstrong 2:23
5. "Disconnected"  Armstrong, Frederiksen, Freeman 2:00
6. "I Ain't Worried"  Armstrong, Frederiksen, Freeman 2:36
7. "Damnation"  Armstrong 1:30
8. "New Orleans"  Frederiksen 3:04
9. "Civilian Ways"  Armstrong 4:11
10. "The Bravest Kids"  Armstrong 1:36
11. "Skull City"  Armstrong 2:51
12. "LA River"  Freeman 2:35
13. "Lulu"  Armstrong 2:11
14. "Dominoes Fall"  Armstrong 2:43
15. "Liberty and Freedom"  Armstrong 2:45
16. "You Want It, You Got It"  Armstrong, Frederiksen, Freeman 1:36
17. "Locomotive"  Armstrong 1:38
18. "That's Just the Way It Is Now"  Armstrong 2:52
19. "The Highway"  Armstrong 3:10
46:16

Cancións extra[editar | editar a fonte]

Edición iTunes
N.º Título Duración
20. "Oil and Opium"   1:49
Edición xaponesa
N.º Título Duración
20. "Outgunned" (versión electrónica) 2:13

Let the Dominoes Fall acústico[editar | editar a fonte]

Unha versión do traballo foi publicada en CD cun disco extra de versións acústicas das cancións do álbum. Eses temas tamén están incluídos en edicións expandidas do álbum en tendas de descargas dixitais como iTunes Store e Amazon MP3.

N.º Título Duración
1. "East Bay Night"   2:07
2. "LA River"   2:43
3. "I Ain't Worried"   2:44
4. "This Place"   1:03
5. "Disconnected"   1:53
6. "Liberty and Freedom"   3:04
7. "Dominoes Fall"   2:54
8. "New Orleans"   2:48
9. "You Want It, You Got It"   2:12
10. "Outgunned"   2:16
11. "The Bravest Kids"   1:34
12. "Last One To Die"   2:18
27:36