Les Romains de la décadence

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Les Romains de la décadence
ArtistaThomas Couture
Data1847
Técnicahuile sur toile
Dimensións775 cm × 466 cm
LocalizaciónMuseo de Orsay

Les Romains de la décadence, en galego Os romanos da decadencia, é unha pintura realizada en 1847 polo pintor Thomas Couture. A tea, simboliza a arte académica da segunda metade do século XIX, caracteriza pola fascinación polo mundo antigo e a elección de temas influenciados pola gravidade.

Características[editar | editar a fonte]

A posta en escena da tea, é unha reminiscencia da pintura de Rafael. Na pintura represéntase a decadencia romana, mediante o esgotamento e a embriaguez dos personaxes. No cadro, remárcanse especialmente tres personaxes (un xove sentado na esquerda do cadro e dous homes no extremo oposto) que non participan na celebración e semellan rexeitala. A escena atópase rodeada de esculturas de deuses da antigüídade que semellan tamén condenar a libertinaxe. A decadencia amosada na obra foi especialmente comentada pola crítica. Couture utilizou esta escena para representar a decadencia da sociedade francesa da súa época, que non deixa de estar representada na propia mesa.