Leopoldo Rojo Iglesias

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLeopoldo Rojo Iglesias
Biografía
Nacemento23 de marzo de 1888 Editar o valor em Wikidata
Fanoi, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xaneiro de 1985 Editar o valor em Wikidata (96 anos)
Fanoi, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , xornalista , político Editar o valor em Wikidata

Leopoldo Rojo Iglesias, nado en Fanoi (Abadín) o 23 de marzo de 1888 e finado na mesma parroquia o 21 de xaneiro de 1985, foi un avogado, xornalista e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fillo de Aquilino Rojo Cordero e Remedios Iglesias Barja. Estudou no Seminario de Mondoñedo, onde foi compañeiro e amigo de Ramón Lorenzo González. Fixo o bacharelato no Instituto de Lugo.[1] Colaborou en Mondoñedo, La Voz de Mondoñedo e Don Fino de Mondoñedo, onde publicou artigos e poemas, na maioría dos casos con pseudónimo, e ¡Guau... Guau! de Foz.

Comezou a escribir unha obra de teatro co título El Cacique,[2] que non chegou a rematar. Obtivo un accesit nos Xogos Florais das Festas de San Froilán de 1915 polo poema "Escribín pra cinco temas dos postos n'este concurso etc".[3] Acadou unha mención honorífica polo poema "A miña vivenda" na Festa da Poesía organizada pola Asociación da Prensa de Lugo en 1933,[4] que despois publicou El Progreso.[5]

Militante de Izquierda Republicana, logo do triunfo do Frente Popular nas eleccións de febreiro de 1936 foi o delegado gobernativo que deu posesión á nova corporación de Abadín presidida por Ángel Verdes Saavedra,[6] sendo el mesmo nomeado concelleiro. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi expendientado e sancionado por responsabilidades políticas.[7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. El Norte de Galicia, 2-10-1908, p. 2.
  2. O cacique. Leopoldo Rojo Iglesias
  3. La Voz de la Verdad, 6-10-1915, p. 1.
  4. El Progreso, 7-10-1933, p. 1.
  5. El Progreso, 11-10-1933, p. 1.
  6. El Pueblo Gallego, 17-3-1936, p. 15.
  7. BOE, 3-10-1940, p. 4617.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]