Don Fino
| Don Fino | |||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| |||||||||||
| Wikidata |
Historia e características
[editar | editar a fonte]Subtitulado Periódico quincenal, apareceu o 8 de xaneiro de 1921. O 5 de marzo cambiou o seu subtítulo por Periódico semanal, aínda que en realidade saía de xeito irregulat. Periódico satírico fundado e dirixido por Ramón Lorenzo González. Entre os seus colaboradores figuraban Leopoldo Rojo Iglesias, Ramón Rey e Cándido Carreiras. Constaba das seccións: "De palique", "Comentando...", "Nuestros hombres célebres", "Bocadillos", "Cosas" e "Noticias". Publicou en galego "A liberdade agraria", asinada co pseudónimo Maquiavelo, e "¡Máis coraxe!", de Antonio Noriega Varela. O director foi procesado e condenado pola publicación dun soneto que contiña inxurias e calumnias ao farmacéutico Manuel Ferreiro Varela. Cesou a súa publicación co número 26, o 12 de xuño de 1921.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la prensa gallega 1800-1986. Cuadernos do Seminario de Sargadelos (en castelán) 52. Sada: Ediciós do Castro. ISBN 84-7492-489-8.
- Vilavedra, Dolores, ed. (1997). Diccionario da literatura galega. Publicacións Periódicas II. Vigo: Editorial Galaxia. ISBN 84-8288-137-X.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Fernández Vilalba, Xosé Isidro (10/6/2015) "Antonciño" e o xornal "Don Fino" Arquivado 17 de febreiro de 2021 en Wayback Machine. Terra e Tempo.