Leonard Cornwell Mitchell
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 25 de abril de 1901. Wellington. |
Morte | 1971 |
País de nacionalidade | Neozelandés |
Educación | Escola Técnica de Palmerston North. |
Actividade | |
Ocupación | Deseñador de carteis, moedas, medallas e selos postais. |
Familia | |
Fillos | Victor Leonard Mitchell. Frank Mitchell. Alan Gordon Mitchell. |
Leonard Cornwell Mitchell, nado en Wellington o 25 de abril de 1901 e finado en 1971,[1][2] foi un artista e deseñador gráfico neozelandés, coñecido polos seus deseños de carteis, selos postais e moedas do seu país.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Leonard Cornwell Mitchell formouse en rotulaxe na Escola Técnica de Palmerston North,[2] e tamén seguiu un curso por correspondencia de deseño de debuxos animados e caricaturas nos Estados Unidos.[3]
Mitchell foi o artista principal da compañía Filmcraft, baixo a dirección de McKenzie a finais dos anos vinte, e durante a década de 1930 desenvolveu o seu labor profesional no Departamento de Publicidade do Goberno, onde deseñou un bo número de carteis e folletos turísticos e promocionais.[2][5] Tamén traballou no departamento de arte da compañía W D & H O Wills, con Ernest Mervyn Taylor, e pintou numerosas reconstruciíns de escenas históricas. Na década de 1940 traballou con Coulls Somerville Wilkie.[3]
Tamén foi o autor do deseño dos reversos das moedas de bronce (medio penique e un penique)[6][7] da serie ordinaria da libra neozelandesa emitidas entre 1940 e 1965, así como do reverso específico da moeda de media coroa conmemorativa do centenario de Nova Zelandia (1940).[1][8]
Mitchell deseñou tamén diversas medallas, e entre 1931 e 1970 creou os deseños de varias decenas de selos postais de Nova Zelandia.[1][3]
Leonard Cornwell Mitchell foi o pai dos artistas Victor Leonard, Frank e Alan Gordon Mitchell, e na derradeira década da súa vida traballou de xeito independente xunto con este último.[3]
-
½ penique neozelandés (1940).[6]
-
1 penique neozelandés (1940).[7]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 "Designers of New Zealand Coins: Mr. George Kruger Gray". En Numismatic Journal. Royal Numismatic Society of New Zealand. Vol. 3 (33). Febreiro de 1961. Páxina 76.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 "Leonard Cornwell Mitchell Sold at Auction Prices". Invaluable.com
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 "Mitchell, Leonard Cornwall, 1901-1971". National Library Wellington (Natlib.govt.nz).
- ↑ "Mitchell, Leonard Cornwall], 1901-1971 :New Zealand Centennial Exhibition Wellington, Nov. 1939 - May 1940". National Library Wellington (natlib.govt.nz).
- ↑ "Creator:Mitchell, Leonard Cornwall, 1901-1971". Digitalnz.org
- ↑ 6,0 6,1 "½ Penny - George VI". Numista.com
- ↑ 7,0 7,1 "1 Penny - George VI". Numista.com
- ↑ 8,0 8,1 "½ Crown - George VI Centennial issue". Numista.com