Lengüeira
Lengüeira | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Serapias lingua | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
'Serapias lingua' L. |
A lengüeira, Serapias lingua,[1] é unha planta herbácea perenne da familia Orchidaceae.
Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero Serapias caracterízase por ter as flores erectas de cor púrpura ou violáceas e o labelo central con forma de lingua. Serapias lingua ten o labelo central bastante ancho e longo, máis curto e menos reflexo que en Serapias parviflora, e non ten a base en forma de corazón como en Serapias cordigera. Florece dende abril até xuño.[2]
Hábitat
[editar | editar a fonte]Vive en solos silíceos, en pradarías húmidas, matogueira alta, en oliveirais, e bosques claros que deixen pasar suficiente luz.
Chega a desenvolverse en alturas de até 1000 m s. n. m.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Serapias lingua foi descrita por Carl von Linné e publicada en Species Plantarum 949. 1753.[3]
Serapias: nome xenérico de orixe grega que se aplicou antigamente a unha orquídea non identificada con certeza, quizais Orchis morio. Provén dun deus exipcio chamado Serapis en cuxos templos os devotos dedicábanse aos praceres da carne. O nome que Linné asignou a este xénero quizais se debe a que a algunhas orquídeas atribúenselle efectos afrodisíacos.
lingua: epíteto latino que significa "con forma de lingua".[4]
- Subespecies:
- Serapias lingua subsp. duriaei (Rchb. ex Batt.) Soó
- Serapias lingua subsp. lingua
- Orchis lingua (L.) Scop. 1772
- Helleborine lingua (L.) Pers. 1807
- Serapiastrum lingua (L.) A.A.Eaton 1908
- subsp. duriaei (Rchb. ex Batt.) Soó
- Serapias elsae P.Delforge
- Serapias gracilis Kreutz
- Serapias gregaria Godfery
- Serapias mauretanica Schltr.
- Serapias stenopetala Maire & T.Stephenson
- Serapias stricta Welw. ex Woods
- Serapias strictiflora Welw. ex Veiga
- Serapias strictiflora var. distenta Presser
- Serapias strictiflora subsp. gregaria (Godfery) Kreutz
- subsp. lingua
- Helleborine leucoglottis Steud.
- Helleborine oxyglottis (Willd.) Pers.
- Lonchitis oxyglottis (Willd.) Bubani
- Serapias brevibracteata St.-Lag.
- Serapias columnae (Rchb.f.) H.Fleischm.
- Serapias excavata Schltr.
- Serapias glabra Lapeyr.
- Serapias laxiflora var. columnae Rchb.f.
- Serapias oxyglottis Willd.
- Serapias oxyglottis var. pallescens Mutel
- Serapias strictiflora var. elsae (P.Delforge) C.Venhuis & P.Venhuis
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Ficha no libro Guía das orquídeas de Galicia de Carlos Cortizo Amaro e Elvira Sahuquillo Balbuena. 2006, Baía Edicións
- ↑ Herbariovirtual
- ↑ "Serapias lingua". Tropicos.org. Missouri Botanical Garden. Consultado o 8 de marzo de 2013.
- ↑ En Epítetos Botánicos
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Serapias lingua |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Serapias lingua |