Leng Ouch

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.


Infotaula de personaLeng Ouch

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1975 Editar o valor em Wikidata (48/49 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeCamboxa Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónecoloxista Editar o valor em Wikidata
Premios

Leng Ouch é un activista climático camboxano. Pasou a súa primeira infancia nos bosques de Camboxa e converteuse nun activista contra a talla ilegal nos mesmos.[1][2] É máis coñecido por actuar de incógnito para rexistrar as actividades de talla ilegal no seu país de orixe.[3] Recibiu o premio Goldman polo medio ambiente en 2016.[4]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Leng Ouch pasou a maior parte da súa infancia no réxime dos Khmer vermellos. Pasou a primeira parte da súa vida escondido nas selvas de Camboxa comezando a súa educación despois de que a familia se trasladara a Phnom Penh en 1980. Traballou para poder acceder á súa educación e obtivo unha bolsa de dereito que lle permitiu unirse a moitas organizacións de dereitos humanos comezando a súa carreira como activista.[5]

Leng Ouch fundou as Cambodia Human Rights Task Forces (CHRTF), unha organización para combater a deforestación en Camboxa.[6] Durante as décadas de 2000 e 2010, Leng infiltrouse en situacións a miúdo perigosas, tomando fotografías e rexistrando probas de talla ilegal, o que provocou a cancelación de 23 concesións de terras, cubrindo 220.000 acres de bosques, e a exposición dunha importante empresa madeireira.[7][8] A miúdo, adoptando disfraces para axudar no seu traballo facéndose pasar por traballador, comerciante de madeira, condutor, turista e mesmo como cociñeiro, Leng axudou a descubrir miles de delitos e confiscar madeira e equipo de talla.[9] Leng enfróntase ao perigo na súa liña de traballo, xa que foi arrestado con outros activistas varias veces. Adicionalmente as accións de defensa do medioambiente en Cambodia son perigosas, nalgúns casos levando á morte. En 2012 o activista ambiental Chuck Wutty, colega de Ouch, foi brutalmente asasinado, e en 2015 un gardabosques e un oficial de policía foron asasinados cando patrullaban os bosques en busca de talla ilegal e caza furtiva.[10][11][5]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Leng foi galardoado co Premio Ambiental Goldman en 2016 polo seu traballo que expón a corrupción e a talla ilegal en Cambodia.[12]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Leng Ouch" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2021. 
  2. Ives, Mike (22 de abril de 2016). "Fighting to Save Forests in Cambodia, an Activist Puts Himself at Risk" (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 20 de abril de 2021. 
  3. "Leng Ouch - 2017 Asia Game Changers" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2021. 
  4. "LENG OUCH HRD, FOUNDER Cambodia Human Rights Task Forces (CHRTF)". Frontlinedefenders. Consultado o 4 de maio de 2021. 
  5. 5,0 5,1 "Leng Ouch" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2021. 
  6. "Leng Ouch" (en inglés). Consultado o 20 de abril de 2021. 
  7. "'Even though I know my life is at risk, I still try to save the forest’" (en inglés). 18 de abril de 2016. Consultado o 20 de abril de 2021. 
  8. "Conservation Hero: Leng Ouch". Consultado o 20 de abril de 2021. 
  9. "'Even though I know my life is at risk, I still try to save the forest’" (en inglés). 18 de abril de 2016. Consultado o 20 de abril de 2021. 
  10. "Goldman Prize-winning Cambodian activist arrested, released in Cambodia" (en inglés). 24 de marzo de 2020. Consultado o 20 de abril de 2021. 
  11. "Cambodian environmental activists reportedly arrested" (en inglés). 5 de febreiro de 2021. Consultado o 20 de abril de 2021. 
  12. Cole, Laura. "Leng Ouch: investigative reporter and activist - Geographical Magazine" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 25 de novembro de 2020. Consultado o 20 de abril de 2021.