Lemosina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Parte anterior dunha vaca lemosina, nunha feira de gando en Dunblane.

A lemosina é unha raza de vacún orixinaria da rexión francesa do Lemosín. Está especializada na produción de carne. En Galiza é frecuente coñecela co nome de limusina.

Características[editar | editar a fonte]

A simple vista resulta complicado diferenciar unha vaca lemosina dunha rubia galega, articularmente nas femias. Son vacas de tamaño medio, un pouco maiores cás rubias, de cor rubio, agás ao redor dos ollos e do fociño e na punta do rabo, onde clarean algo. As femias adultas pesan sobre 650 kg mentres os touros se achegan aos 1.000 kg.

Está afeita a pasto mediocre, propio de solos ácidos e graníticos e soporta ben a altitude (ao redor dos 1.000 m).

Historia[editar | editar a fonte]

Becerra lemosina en Corrèze

Non é necesario remontarse ás pinturas rupestres das covas de Lascaux, próximas ao Lemosín, para demostrar a presenza de bóvidos na rexión. As primeiras referencias desta raza rubia no século XVIII cando se empregaban como animal de tiro para o transporte de mercadorías entre París e Bordeos. O libro de rexistro da raza abriuse o 18 de novembro de 1886.

O primeiro obxectivo da mellora xenética foi aumentarlle o tamaño, sen moito éxito, e a raza entra en decadencia a mediados do século XX. Porén, nos anos 60 redescúbrese o seu potencial como vaca produtora de carne, o que fai aumentar o número de cabezas. Actualmente, en Francia hai 900.000 cabezas de lemosina, e é a segunda vaca en produción de carne por detrás da charolesa e por diante da rubia aquitana. Está amplamente distribuída por Francia, pero tamén está presnte en 70 países de todas as latitudes, e fundamentalmente na Arxentina, os Estados Unidos, Gran Bretaña e Australia. En 1973 creouse unha asociación internacional de promoción da raza lemosina, o International Limousin Council.

Rendibilidade[editar | editar a fonte]

Ademais de ser unha boa vaca de carne, ten unha gran fertilidade e lonxevidade, co que a súa produción de becerros é longa no tempo. A carne é fina e tenra, e aproveitábel a distintas idades dos becerros, o que lles permite aos gandeiros un maior control dos rendementos da explotación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]