Saltar ao contido

Lekë Dukagjini

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLekë Dukagjini

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1410 Editar o valor en Wikidata
Principality of Dukagjini (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte1481 Editar o valor en Wikidata (70/71 anos)
King of Albania (en) Traducir
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeAlbania Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónlíder militar Editar o valor en Wikidata
Familia
FamiliaDukagjini family (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaiPal Dukagjini (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lekë Dukagjini (tamén chamado Alexander Doucaghini), nado en Lipjan en 1410 e finado en 1481, foi un príncipe albanés que loitou contra o Imperio Otomán. Contemporáneo do heroe nacional albanés Skanderbeg, Dukagjini é coñecido polo código de leis que instituíu no norte de Albania.

Biografía

[editar | editar a fonte]

Acéptase que Leke Dukagjini naceu en Ulpiana (actual Lipjan, Kosovo), aínda que documentos do Arquivo Vaticano localizan o seu nacemento preto de Pukë.

En 1446 tomou posesión do condado do seu pai Pal Dukagjini. Dirixiu a Liga de Lezhë en 1444.

Dukagjini loitou contra os Otománs baixo o mando de Skanderbeg, e nos períodos de paz tamén loitou contra o propio Sanderberg nun período no que as lealdades en Albania eran frecuentemente cambiantes.

Tras a morte de Skanderbeg, e ata a súa propia en 1481, Dukagjini continuou a loita contra os otománs, contando con apoios da República de Venecia e dos Estados Pontificios.

Se Skanderbeg pasou á historia albanesa coma o "príncipe dragón" que se enfrontou a tódolos inimigos da nación, Dukagjini aparece nas crónicas coma o príncipe sabio que garantiu a continuidade da cultura albanesa. O principal motivo deste recoñecemento é o Kanun (Kanuni i Lekë Dukagjinit ou Código de Lekë Dukagjini) un conxunto de leis que perdurou no tempo nas terras altas do norte de Albania. No século XIX Shtjefën Gjeçov poría o código por escrito.

Os éxitos militares de Dukagjin na loita cos otománs foron parciais, e tampouco conseguiu unificar os albaneses coma Skanderbeg fixera. Así, Albania foi sometida polos otománs antes de finalizar o século.