Leite Río
Leite Río SL | |
---|---|
Tipo | Sociedade Limitada |
Localización | Rúa da Agricultura, 27003 Lugo Galiza |
Fundador | Xesús Lence |
Industria | Alimentación |
Produtos | Leite e derivados |
[ editar datos en Wikidata ] |
Leite Río S.L. é a empresa máis importante dentro do holding empresarial Grupo Galego Leite Río. Factura ao ano máis de 254 millóns de euros só coas vendas de Leyma (adquirida en 2005 a Ebro Puleva) e Leite Río.
Historia
[editar | editar a fonte]Xesús Lence (Castroverde, 1940), inicialmente perito de profesión, monta no ano 1963 cun crédito de 300.000 pesetas a que sería a súa primeira empresa: unha estación de servizo no Corgo (Lugo).
Debido ás débedas que un transportista de leite tiña con el,[1] faise co seu negocio (dous camións e tres cisternas) e nun par de anos xa transportaba leite de Francia a todas as centrais de España.
Despois do éxito no transporte de leite, lánzase a envasar e comercializar o seu propio produto, co que nace en 1975 a empresa Refrileche. A novidade que implanta esta empresa no sector é o uso de tanques de frío e cisternas, o que supón unha mellora no sistema de recollida e distribución.
Posteriormente, xorde Lácteos Lence S.L. creada no ano 1981, e adicada ao envasado, que constitúe o seguinte paso da compañía cara a integración vertical na produción láctea. No ano 1998 muda de nome e pasa a chamarse Leite Río S.L. Neste período experiméntase un amplo crecemento da produción e a capacidade pasa de 25.000 litros semanais a 700.000 litros semanais.[1]
Tamén comeza a diversificarse cara ós zumes de froitas e cara ó mercado das augas. Ademais, implantáronse melloras no sistema e continúan os convenios con gandeiros (incluíndo novas medidas de hixiene do gando ou subvencións para os tanques de frío).
A modo de curiosidade, como xa ten manifestado en varias ocasións, Xesús Lence chegou ó sector lácteo por casualidade: "Non muxín unha vaca na miña vida". O máis cerca que estivo dunha foi nunha sesión fotográfica para a revista Gigantes cando presidía o Leite Río Breogán. "Pedíronme que me acercase e que lle tocase un corno, pero os cornos dábanme moitísimo medo".
Produtos
[editar | editar a fonte]Lácteos
[editar | editar a fonte]Leite Río conta con diversos formatos de produto, e cada un deles desglósase nas liñas de "desnatado, semidesnatado e enteiro".
- Formato Tetra Pak
- Leite U.H.T. (botella)
- Cremosita
- Solar
- Río Calcio (soamente desnatado e semidesnatado)
- Nata (para montar e para cociñar)
Zumes
[editar | editar a fonte]- Río Frutas (Mazá, Mediterráneo e Tropical).
Hostalería
[editar | editar a fonte]- Leite U.H.T. Leyma (especial hostalería).
Proceso de elaboración
[editar | editar a fonte]O proceso de elaboración de Leite Río segue os seguintes pasos:
- Recepción do leite: o leite é recibido en colectores de distintas capacidades e con temperaturas controladas, xa que se trata de leite previamente refrixerado. Ao chegar á planta compróbase que os parámetros de calidade sexan correctos e unha vez comprobado, comeza a descargarse o leite.
- Proceso U.H.T.: é un método de esterilización que grazas á velocidade de quecemento e arrefriamento asegura que o sabor e a aparencia do leite se conserven integramente.
- Proceso homoxeneizador: nesta fase o leite sométese a altas presións, co fin de romper os góbulos de graxa. Posteriormente, o leite pasa a un tanque aséptico.
- Proceso aséptico de envasado Tetra Pack: significa que o produto tratado por U.H.T. é envasado en condicións asépticas nun envase esterilizado e apartado do aire e da luz.
- Etiquetaxe, empaquetado e paletizado do produto terminado: os envases son transportados por unha cinta en dirección á máquina de etiquetaxe e deseguida incorpórase a tapa, pasando polas encaixonadoras e o paletizador para finalmente chegar ao almacén de produto terminado.
Grupo Galego Leite Río
[editar | editar a fonte]Leite Río S.L. é unha empresa láctea galega, líder do sector, sendo a empresa que máis leite ao ano procesa de toda Galicia,[2] que así mesmo é a principal comunidade produtora de leite en España. Trátase da empresa de capital nacional máis importante da provincia de Lugo.
Dende o ano 2005, dispón de catro plantas de envasado, dúas no Polígono Industrial do Ceao (Lugo) outra en Láncara e outra en Arteixo (A Coruña); nas que traballan arredor de 94 persoas.
A facturación de Leite Río tivo unha evolución ascendente que se mantivo ata o ano 2010, cando as vendas se retraeron un 2,6% respecto do ano anterior. A raíz da ampliación da capacidade da súa planta do Polígono do Ceao, a empresa espera acadar unhas vendas 210 millóns de euros.
Outras empresas do grupo
[editar | editar a fonte]Áreas de servizo:
- Complexo San Cristóbal, S.L. O Corgo
- Estación de servizo Repsol-Ceao
Centros de negocios e servizos:
- Centro de negocios e servizos San Cristóbal (polígono industrial O Ceao).
Hoteis e restaurantes:
- Hotel Ceao Express (centro de negocios).
- Rodicio Vía Express
Empresas loxísticas:
- Logitrans Rio S.L.
- Transleche S.A.
Envasado de auga:
- Fonxesta S.L.
Promoción
[editar | editar a fonte]Breogán é a terceira entidade deportiva de Galicia e transformouse no máximo expoñente lucense do deporte de alta competición.[3]
Leite Río S.L. tamén patrocina ao club de baloncesto C.B. Sarria, o Leite Río Cidade de Lugo de Piragüismo e apoia eventos desta índole xeralmente con sede en Lugo. Ademais de no deporte, tamén colabora con institucións públicas como Cruz Vermella.[4]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 http://elpais.com/diario/2008/07/06/galicia/1215339503_850215.html
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2012. Consultado o 30 de marzo de 2012.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 15 de abril de 2012. Consultado o 30 de marzo de 2012.
- ↑ Leite Río suministrará al FEGA 21 millones de litros de leche que repartirá la Cruz Roja... La Voz de Galicia (en castelán).
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- LeiteRio.com (en castelán).
- Leite Río destina á unha campaña publicitaria de mentiras o diñeiro que lle quita ás explotacións.... Xornal de Galicia.
- Leite Río accede á comprar leite con contratos homologados. (El País).
- Xesús Lence admite que tivo ofertas por Leite Río, pero non vende La Voz de Galicia.
- Segunda condena por un delito ecolóxico ao empresario Xesús Lence La Voz de Galicia.