C.B. Sarria

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Club Baloncesto Sarria
Información xeral
Liga Primeira División Sénior Masculina
Fundación 1987
Cores Amarelo e azul royal
Presidente Francisco Alfonso García Conde
Adestrador Jorge López Villaumbrales
Localización
Cidade Sarria, Galiza Galicia
Pavillón Novo Pavillón do Chanto (600 espectadores)
http://www.cbsarria.com/

O Club Baloncesto Sarria é un equipo de baloncesto da vila lucense de Sarria (Galiza). Malia ter competido durante moitas tempadas na liga EBA, actualmente o primeiro equipo masculino xoga na Primeira División Sénior Masculina, e o feminino na Primeira División Autonómica Feminina, máximas categorías do baloncesto galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O Club Baloncesto Sarria constituíuse legalmente en xullo de 1987, mais xa a principios dos anos 80 viña participando en diversas competicións de ámbito provincial e autonómico.

Con anterioridade ao ascenso á liga EBA, o C.B. Sarria permaneceu 15 anos ininterrompidamente na Primeira División Nacional (anteriormente denominada 2ª división), sendo sempre a base do equipo os xogadores saídos da canteira, chegando a formar parte do equipo de liga EBA seis xogadores da canteira.

A pesar da curta historia do club, son moitos os éxitos acadados ata a data. O primeiro e máis importante deles é o arraigamento que o baloncesto acadou na vila, tanto polo número de practicantes como polo de seareiros que apoian o conxunto sarriano, demostrando partido a partido a máxima fidelidade.

Instalacións[editar | editar a fonte]

O Club Baloncesto Sarria disputa os seus partidos no Novo Pavillón do Chanto, situado na zona escolar e deportiva da vila de Sarria.