Conversa:Lei de vagos e maleantes

Os contidos da páxina non están dispoñibles noutras linguas.
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Maleantes[editar a fonte]

O termo maleante non aparece no dicionario da RAG. Habería que buscar outro para substituílo. Se cadra "moinantes" polo seu significado pode ser o máis axeitado.--Breogan2008 (conversa) 16 de maio de 2018 ás 07:23 (UTC)[responder]

Breogan2008, vin que a Wikipedia en catalán non traduce o nome desta lei. En galego si vin o nome así en https://www.sermosgaliza.gal/articulo/social/pobo-cigano-historia-discriminacion/20180404161941067555.html Lles Lles (conversa) 16 de maio de 2018 ás 07:42 (UTC) Tamén poderíamos facer como en francés que traducen o nome da lei, mais poñen a continuación o nome orixinal. Lles (conversa) 16 de maio de 2018 ás 07:44 (UTC) De todos os xeitos penso que non son o mesmo ES maleante http://dle.rae.es/?id=O0qRg30 e GL moinante https://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/moinante, aínda que moinante teña como acepción 2 un uso despectivo, non é a súa primeira acepción. Lles (conversa) 16 de maio de 2018 ás 07:51 (UTC)[responder]
A definición non é exactamente a mesma, pero xa se deixa entrever que o uso despectivo do termo na primeira acepción cando di: "adoita ter habilidade para enganar e aparentar humildade para sacar beneficio".--Breogan2008 (conversa) 16 de maio de 2018 ás 08:13 (UTC)[responder]

Na rede hai varias referencias de artigos en galego que citan a lei como de vagos e maleantes. Por exemplo:

Por outra parte, a disposición adicional décimo oitava da Lei de orzamentos xerais do Estado para 2009 regula a concesión dunha indemnización en favor de quen fose obxecto de internamento pola súa condición de homosexual en aplicación da Lei do 15 de xullo de 1954, pola que se modifica a Lei de vagos e maleantes do 4 de agosto de 1933, ou da Lei 16/1970, do 4 de agosto, sobre perigosidade e rehabilitación social
BOE-A-2009-7194-G no que se publica o Real decreto 710/2009.

Non sei ata que nivel o galego que emprega o BOE é o normativo, pero nos demais artigos que atopei se refiren a esta lei así. --AMPERIO (conversa) 16 de maio de 2018 ás 08:27 (UTC)[responder]

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)[editar a fonte]

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Lei de vagos e maleantes. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 12:43 (UTC)[responder]