Lee Joon-gi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Lee Joon-gi
Lee Jun-ki at "Moon Lovers - Scarlet Heart Ryeo" press conference, 24 August 2016 01.jpg
Nacemento17 de abril de 1982
 Busan
NacionalidadeCorea do Sur
RelixiónIgrexa católica
Educado enSeoul Institute of the Arts
Ocupaciónactor, actor de cinema, cantante, Modelo e modelo
editar datos en Wikidata ]
Lee at the King and the Clown fan meeting in the Shilla Hotel, Jeju Island.

Lee Joon-gi, nado o 17 de abril de 1982 en Busan, é un actor, modelo e cantante surcoreano.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Instituto das Artes de Seúl[1] e debutou como modelo en 2001. O seu primeiro papel importante foi no filme de 2005 Wang-ui Namja,, no que interpretou a Gong-gil, un pallaso amullerado da dinastía Joseon.[2] O filme foi un éxito de crítica e público e deulle pulo á súa carreira, facéndoo coñecido en Asia.[3] Por este traballo gañou varios premios ao mellor artista novel. A película tamén o converteu nunha icona kkonminam (mozo á moda e efeminado) .[4] En 2006 protagonizou Fly, Daddy, Fly baixo a dirección de Choi Jong-tae.[5][6]

Lee foi un dos protagonistas da serie da SBS My Girl xunto con Lee Da-hae e Lee Dong-wook, esta comedia romántica foi un éxito tanto en Corea do Sur como noutros países asiáticos. En 2007, Lee actuou no filme coproducido entre o Xapón e Corea do Sur Virgin Snow coa actriz xaponesa Aoi Miyazaki, interpretando un estudante de intercambio coreano. O filme foi un éxito no Xapón, chegando ao noveno posto da lista dos máis vistos. Polo seu traballo Lee recibiu a Rising Star Award no 27.º Hawai International Film Festival. Nese ano, participou no filme May 18 baseado nos acontecementos que rodearon a masacre de Gwangju en 1980. Foi un éxito de público e logrou a Gold Orchid ao mellor filme.[7]

Lee tamén protagonizou en 2007 a súa primeira serie dramática,Time Between Dog and Wolf da MBC.

Lee en Shanghai en maio 2009

Entre abril e xullo de 2008, Lee protagonizou outra serie, Iljimae, un drama de acción da SBS baseado no folclore chinés da época da dinastía Ming, na que deu vida a unha especie de Robin Hood enmascarado na era Joseon. O episodio final conseguiu un índice de audiencia do 31.4%.

En novembro 2009, Lee interpretou o protagonista do drama de acción en clave de comedia, Heroe da MBC.[8] Entre 2010 e 2010 realizou o servizo militar obrigatorio e logo de cinco semanas de adestramento básico[9][10] serviu no departamento de relacións públicas do Ministerio de Defensa Nacional.[11][12]

En maio 2012, Lee coprotagonizou con Shin Min-a Arang and the Magistrate, da MBC que tivo a súa estrea o 15 de agosto.[13][14][15] 

En 2013, Lee protagonizou a serie de supense Two Weeks e o ano seguinte a serie histórica Gunmam in Joseon mais o romance de vampiros Scholar Who Walks the Night.[16][17]

En 2016 actuou no seu primeiro filme chinés, Never Said Goodbye.[18] e tamén debutou en Hollywood cun papel en Resident Evil: The Final Chapter, con estrea prevista para o 27 de xaneiro de 2017.[19][20][21]

ProtagonizouScarlet Heart: Ryeo, unha versión coreana da serie chinesa Scarlet Heart. A estrea desta serie dramática foi o 29 de agosto de 2016.[22]

Filmografía[editar | editar a fonte]

Filmes[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Notas
2004 The Hotel Venus Rapaz Produción xaponesa
Flying Boys Dong-wan
2005 The King and the Clown Gong-gil
2006 Fly, Daddy, Fly Go Seung-suk
2007 May 18 Kang Jin-woo
Virgin Snow Kim Min Coprodución entre o Xapón e Corea do Sur
2016 Never Said Goodbye (谎言西西里) Jun Hao Filme chinés
Resident Evil: The Final Chapter Comandante Lee Produción de Hollywood

Series de televisión[editar | editar a fonte]

Ano Título Papel Canle Notas
2003 Nonstop 4 El MBC Convidado
2004 Drama City: What Should I Do? Seong-ho KBS2 Ep. 234
Star's Echo Chan-gyu MBC

Fuji TV

Secundario
2005 My Girl Seo Jung-woo SBS Secundario
2006 The 101st Proposal El SBS Cameo
2007 Time Between Dog and Wolf Lee Soo-hyun / Kay MBC Protagonista
2008 Iljimae Yong / Lee Geom SBS Protagonista
2009 Hero Jin Do-hyuk MBC Protagonista
2012 Arang and the Magistrate Kim Eun-oh MBC Protagonista
2013 Two Weeks Jang Tae-san MBC Protagonista
2014 Gunman in Joseon Park Yoon-kang KBS2 Protagonista
2015 Scholar Who Walks the Night Kim Sung-yeol MBC Protagonista
2015 She Was Pretty El MBC Ep. 9 - cameo
2016 Moon Lovers: Scarlet Heart Ryeo Wang So (Gwangjong) SBS Protagonista

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbum[editar | editar a fonte]

Ano Nome Track listing
2006 My Jun, My Style
  1. "One Word"
  2. "Don't Know Love"
  3. "Foolish Love" (Babo Sarang)
Nam Hyun-joon - One & Only
  1. "Fly High" feat. Seo In-young
2009 J Style
  1. "J Style"
  2. "Soliloquy"
  3. "I'm Ready"
  4. "Selfless Dedicated Tree"
  5. "Fiery Eyes" (álbum xaponés)
2012 Deucer[23]

Released:

  • 16 March (edición limitada)
  • 25 April (edición regular)
  1. "Together"
  2. "The Rain"
  3. "Born Again"
  4. "Sweet Memory"
2013 CBC / Case by Case

Publicado: 29 de xaneiro

  1. "The Answer (Intro)"
  2. "Tonight"
  3. "Case By Case"
  4. "Closer"
  5. "Lost Frame"
My Dear

Publicado: 10 de decembro

  1. "Fever"
  2. "My Dear"
  3. "Fiery Eyes (Nova ver.)"
  4. "Foolish Love (Nova ver.)"
  5. "Selfless Dedicated Tree (Nova ver.)"
2014 Exhale

Publicado: 21 de novembro

  1. "Ma Lady"
  2. "U"
  3. "For A While"
  4. "Bring Da Beat" (Feat. Yoo Seung-chan)
  5. "Ma Lady (Inst.)"
  6. "For A While (Inst.)"

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 이준기, "이효리 주선으로 보아와 소개팅", chosum.com, 30 de abril de 2009
  2. "E-Annals Bring Chosun History to Everyman" Chosun Ilbo, 27 de xaneiro de 2006
  3. King and The Clown Special Arquivado 04 de marzo de 2016 en Wayback Machine. 왕의 남자 (The King and The Clown) [Part 1 of 3] Sreenanarchy,1 de setembro de 2006]
  4. Jung, Sun (April 2009). "The Shared Imagination of Bishōnen, Pan-East Asian Soft Masculinity". Intersections: Gender and Sexuality in Asia and the Pacific. Australian National University
  5. "King and Clown Star Works Hard for Little Pay"Chosun Ilbo, 27 de xullo de 2006.
  6. "S. Korea faces tough decision to pick its choice for foreign film Oscar" Yonhap News, 19 de setembro de 2006
  7. Lee, Hyo-won "Hawaii Film Fest to Spotlight Lee Jun-ki" Korea Times, 4 de setembro de 2007.
  8. Han, Sang-hee "Lee Joon-gi to Take a Lighter Role as Reporter" Korea Times, 27 de outubro de 2009
  9. "Lee Jun-ki to Start Military Service".
  10. Park, So-yoen (3 de maio de 2010). "Lee Jun-ki enters Korean military with apologies". 10Asia. 
  11. Jeong, Hae-uk (15 December 2010).
  12. Park, Kun-ouc (11 June 2010).
  13. 신민아, 2년 만에 `아랑사또전`으로 드라마 복귀 [Shin Min-ah to return with Arang and the Magistrate].
  14. Lee, In-kyung (22 April 2012).
  15. Suk, Monica (20 June 2012).
  16. "Lee Jun-gi to return to small screen".
  17. Yoon, Sarah (26 May 2015).
  18. "Lee Joon-gi Aims to Thrill Chinese Viewers with Never Said Goodbye".
  19. "이준기 측, "'레지던트 이블6' 출연 맞다…남아공 체류 중" (in Korean).
  20. "Lee Joon-gi to appear in 'Resident Evil: The Final Chapter'".
  21. "Lee Joon-gi in next 'Resident Evil'".
  22. Park, Jin-hai (August 28, 2016).
  23. Ho, Stewart (18 April 2012).