Leave the World Behind (filme)
| Leave the World Behind | |||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| |||||||||||||||
| Wikidata | |||||||||||||||
Leave the World Behind é un filme estadounidense de 2023 escrito e dirixido por Sam Esmail. Baséase na novela homónima de 2020 de Rumaan Alam. Está protagonizado por Julia Roberts, Mahershala Ali, Ethan Hawke, Myha'la e Kevin Bacon. O filme conta como unha familia tenta dar sentido ao progresivo apagado da tecnoloxía dos teléfonos, a televisión e outras de uso habitual que poderían indicar un posible cataclismo.
Leave the World Behind estreouse internacionalmente no AFI Fest o 25 de outubro de 2023. Tivo unha estrea limitada nalgúns cinemas dos Estados Unidos o 22 de novembro de 2023 antes de estrearse en liña a través de Netflix o 8 de decembro de 2023, onde conta con versión subtitulada en galego. Recibiu valoracións positivas por parte da crítica.
Personaxes
[editar | editar a fonte]- Julia Roberts como Amanda Sandford
- Mahershala Ali como G.H. Scott
- Ethan Hawke como Clay Sandford
- Myha'la como Ruth Scott
- Farrah Mackenzie como Rose Sandford
- Charlie Evans como Archie Sandford
- Kevin Bacon como Danny
- Vanessa Aspillaga como Salvadora