Leandro Carrillo Cabanas

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaLeandro Carrillo Cabanas
Biografía
Nacemento1 de xaneiro de 1908 Editar o valor em Wikidata
Budiño, España Editar o valor em Wikidata
Morte30 de xaneiro de 1948 Editar o valor em Wikidata (40 anos)
Moar, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmembro da resistencia Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Leandro Carrillo Cabanas, nado en Budiño (O Pino) o 1 de xaneiro de 1908 e finado en Moar (Frades) o 30 de xaneiro de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Labrego veciño de San Migueliño (Budiño). Enlace da guerrilla antifranquista, que tiña un acubillo no Castro de san Migueliño. Foi asasinado pola Garda Civil o 30 de xaneiro de 1948 entre A Garabanxa e O Barazón (Moar). Os veciños atoparon o cadáver e chamaron a Garda Civil, que ordenou o traslado a butilla da igrexa de Moar. Ao día seguinte apareceu o forense e e soterraron o cadáver no adro da igrexa de Moar, sen a presenza da familia, que o estaba buscando.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Casou con María Naveiro Ramos, e tiña cinco fillos: Carnen, Dolores, Raúl, Estrella e Manuel Carrillo Naveiro

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Pazos Gómez, Manuel (2011). A guerra silenciada. Mortes violentas na comarca de Ordes 1936-1952. pp. 94–95. 

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]