León das neves
O león das neves (en tibetano: གངས་སེང་གེ་; gangs seng ge; en chinés: 雪獅) é un animal celestial do Tíbet. É o emblema do Tíbet, que representa as cadeas montañosas nevadas e os glaciares do Tíbet,[1] e tamén pode simbolizar o poder e a forza, a coraxe e a alegría, o leste e o elemento terra.[2][3] É unha das Catro Dignidades do budismo shambala.[4] Esténdese sobre as montañas e adoita ser representado de cor branca e cunha melena turquesa. En Viaxe ao Oeste, publicado en 1592, o león das neves aparece representado como un dos Yōkais.[5]
Como emblema nacional do Tíbet
[editar | editar a fonte]Dende 1909 até 1959, un só león das neves ou un par deles utilizouse como emblema do Tíbet en moedas, selos postais, billetes e na bandeira nacional do Tíbet. A versión que se mostra á dereita con dous leóns de neve foi introducida polo 13º Dalai Lama en 1912, baseándose en vellos estandartes militares, e aínda é usado polo goberno tibetano no exilio.[1] A bandeira é popularmente coñecida como "bandeira do león das neves" (gangs seng dar cha).[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Schrempf, Mona (2002). Huber, Toni, ed. "Amdo Tibetans in Transition: Society and Culture in the Post-Mao Era" (PDF). Brill. pp. 147–169. ISBN 9004125965.
- ↑ "Legend of the SnowLion". Snow Lion Tour.
- ↑ "Tibetan Buddhist Symbols". A view on Buddhism.
- ↑ Rudy Harderwijk. "The Four Dignities". Symbols of Tibetan Buddhism. A View on Buddhism. Arquivado dende o orixinal o 13 de outubro de 2004. Consultado o 19 de xaneiro de 2007.
- ↑ 呉承恩 (25 de outubro de 2014). 西遊記: Journey to the West. Google Publishing. pp. 524–. GGKEY:641CHU5H2P8.
- ↑ Lama Jabb (10 de xuño de 2015). Oral and Literary Continuities in Modern Tibetan Literature: The Inescapable Nation. Lexington Books. p. 35. ISBN 9781498503341.