Emblema do Tíbet
Emblema do Tíbet | |
---|---|
![]() | |
Versións | |
![]() Versión usada na Conferencia de Relacións Asiáticas en Delhi, de 1947. | |
Detalles | |
Adoptado | 1947 |
Alicerce | Dous leóns das neves tibetanos |
Divisa | བོད་གཞུང་དགའ་ལྡན་ཕོ་བྲང་ཕྱོགས་ལས་རྣམ་རྒྱལ "bod gzhung dga' ldan pho brang phyogs las rnam rgyal" |
O emblema do Tíbet é un dos símbolo do goberno tibetano no exilio. Combina diversos elementos da bandeira do Tíbet, cunha arte lixeiramente diferente e contén moitos símbolos budistas. Os principais elementos son o Sol e a Lúa sobre o Himalaia, que representan o Tíbet, moitas veces coñecida como a Terra rodeada de montañas de neve. Nas ladeiras das montañas destacan un par de leóns das neves. Entre os dous leóns atópase o Dharmachakra de oito raios, que representa o Nobre Camiño Óctuple do budismo. No interior da roda, a xema de tres cores representa as prácticas das dez virtudes exaltadas e os 16 modos de conduta humana. A inscrición na pancarta xiratoria de abaixo é a seguinte: bod gzhung dga' ldan pho brang phyogs las rnam rgyal ("Goberno tibetano, Palacio de Ganden, vitorioso en todas as direccións".) O Palacio de Ganden, situado no mosteiro Drepung foi a residencia do Dalai Lama ata o quinto Dalai Lama. Despois de que o quinto Dalai Lama se mudara ao Potala a mediados do século XVII], o Goberno tibetano creado por el en 1642 pasou a chamarse Goberno "Ganden Phodrang".
É o emblema oficial da Administración Central Tibetana con sede en Dharamsala, na India.[1] Xunto coa súa bandeira, o emblema considérase un símbolo do movemento independentista tibetano e, polo tanto, está prohibido na República Popular da China, incluída a Rexión Autónoma do Tíbet,[2] que corresponde á antiga área de control do goberno tibetano en Lhasa, así como outras áreas do gran Tíbet. O emblema adoita verse impreso con variantes en branco e negro e en branco e carmesí, o que é característico das cores que se ven habitualmente na iconografía e no vestido budista.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Staff. "Tibetan National Emblem". Central Tibetan Administration, Government of Tibet in Exile. Arquivado dende o orixinal o 2010-01-27. Consultado o 2010-02-03.
- ↑ "Indiana University Bloomington".