Laura Sáez
Aparencia
(Redirección desde «Laura Sáez Fernández»)
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1979 (44/45 anos) Pontevedra, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Educación | Universidade de Vigo |
Actividade | |
Ocupación | tradutora , editora |
Laura Sáez Fernández, nada en Pontevedra en 1979, é unha tradutora e editora galega.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]É licenciada en Tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo. Foi lectora de galego na Universidade de Oxford. Fixo un mestrado de Edición na Universidade de Santiago de Compostela.
Na súa faceta de editora, Sáez é a responsable da editorial Patasdepeixe,[1] mentres que como tradutora verteu o galego soados títulos da literatura infantil e xuvenil e do álbum ilustrado, tales como dous números de Harry Potter ou O Grúfalo. Traduce principalmente dende o inglés.
En 2004 acadou o Premio de relato, poesía e tradución da Universidade de Vigo.
Obra
[editar | editar a fonte]- Mago por correspondencia (Xerais, 2003)
- A voda (Xerais, 2007)
- Tarzán de goma (Xerais, 2007)
- Harry Potter e a Orde do Fénix (Galaxia, 2008)
- Harry Potter e as reliquias da morte (Galaxia, 2008)
- A vaca que puxo un ovo (Patasdepeixe, 2009)
- A Electra acáelle o loito (Galaxia, 2009)
- O incrible neno devorador de libros (Patasdepeixe, 2009)
- Manual de práctica teatral feminista (Galaxia, 2009)
- O camaleón azul (Xerais, 2010)
- Perdido? (Patasdepeixe, 2010)
- O gran libro dos medos do rato pequeno (Patasdepeixe, 2010)
- O libro dos opostos: primeiras palabras para pícaras e pícaros (Patasdepeixe, 2012)
- O grúfalo (Patasdepeixe, 2013)
- A filla do Grúfalo (Patasdepeixe, 2014)
- A meniña de libros (Patasdepeixe, 2016)
- A insignia vermella do valor (BIVIR)
- Maggie, unha muller da vida (BIVIR)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lapela "Nosoutras", patasdepeixe.eu.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Entrevista, Biosbardia, novembro de 2016.