Laura Harring

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Laura Harring
Laura Harring 2011.jpg
Harring no ano 2008.
Nome completoLaura Elena Martínez Herring
Nacemento3 de marzo de 1964 (54 anos)
LugarLos Mochis, Sinaloa, Flag of Mexico.svg México
NacionalidadeEstados Unidos de América e México
Cónxuxe(s)Carl-Eduard von Bismarck (1987–89)
ProfesiónActriz, modelo
http://www.lauraharring.net/
editar datos en Wikidata ]

Laura Harring, nada como Laura Elena Martínez Herring en Los Mochis o 3 de marzo de 1964, é unha actriz mexicana. En 1985, Harring converteuse na primeira muller hipana en ser coroada Miss USA.[1][2] Posteriormente comezou a súa carreira de actriz no cine e na televisión. É coñecida polo seu papel dobre como Rita e Camilla Rhodes no filme neonoir Mulholland Drive. Tamén apareceu noutros filmes de sona como The Forbidden Dance (1990), John Q (2002), Willard (2003), The Punisher (2004), The King (2005) e Love in the Time of Cholera (2007).

Vida privada[editar | editar a fonte]

En 1987, casou con Carl-Eduard von Bismarck-Schönhausen, tatara-tatara-neto de Otto von Bismarck. Durante a súa relación tivo o título de Condesa von Bismarck-Schönhausen, mais a parella divorciouse en 1989.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 "Laura Harring: Biography" tvguide.com
  2. "Laura Elena Harring movies, photos, movie reviews, filmography, and biography". AllMovie. 3 de marzo de 1964. Consultado o 28 de decembro de 2013. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]