Laughing Stock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Laughing Stock
Álbum de Talk Talk
Publicado16 de setembro de 1991
Gravación1990 - 1991
Estudio(s)Wessex Studios en Highbury, Londres
Duración43:29
Xénero(s)post-rock, art rock
Selo(s)Verve Records, Polydor Recrds
Producido porTim Friese-Greene
Cronoloxía
Spirit of Eden
(1988)
Laughing Stock -

Laughing Stock é o quinto e derradeiro álbum de estudio da banda británica de art rock Talk Talk, publicado o 16 de setembro de 1991 a través do selo Verve Records. Despois do seu anterior lanzamento, Spirit of Eden (1988), o baixista Paul Webb deixou o grupo, quedando reducido Talk Talk ao dúo formado polo vocalista e multiintrumentista Mark Hollis e o batería Lee Harris. Talk Talk deixou entón EMI de forma pouco amigable, fichou por Verve Records, e gravou Laughing Stock nos Wessex Sound Studios de Londres Wessex Sound Studios co produtor Tim Friese-Greene dende setembro de 1990 ata abril de 1991.

O álbum foi loubado por parte da crítica. Pitchfork situouno no número 11 da súa lisda dos mellores álbums dos 90 dicindo que "crea o seu propio contorno e convírtese nalgo máis que a suma dos seus sons".[1] Nunha lista do ano 2007 Stylus Magazine elixíuno o mellor álbum de post-rock.[2]

Listaxe de cancións[editar | editar a fonte]

Tódolos temas escritos e compostos por Mark Hollis e Tim Friese-Greene

N.º Título Duración
1. "Myrrhman"   5:33
2. "Ascension Day"   6:00
3. "After the Flood"   9:39
4. "Taphead"   7:39
5. "New Grass"   9:40
6. "Runeii"   4:58

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Top 100 Albums of the 1990s - Page 9". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-16. 
  2. "Top Ten Postrock Albums - Staff Top 10 - Stylus Magazine". web.archive.org. 2008-10-12. Archived from the original on 12 de outubro de 2008. Consultado o 2020-02-16.