Last Days

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Last Days
Ficha técnica
Título orixinal Last Days
Director Gus Van Sant
Produtor Gus Van Sant
Dany Wolf
Guión Gus Van Sant
Intérpretes Michael Pitt
Lukas Haas
Asia Argento
Scott Green
Nicole Vicius
Kim Gordon
Harmony Korine
Música Rodrigo Lopresti
Fotografía Harris Savides
Montaxe Gus Van Sant
Distribuidora Newco, Fine Line Features
Estrea 2005
Duración 97 min.
Orixe Estados Unidos
Xénero Drama

Last Days é unha filme do director Gus Van Sant. É un relato ficticio dos últimos días do cantante de Nirvana Kurt Cobain. Foi exhibido nos teatros de Estados Unidos o 22 de xuño de 2005 e producido por HBO. O actor Michael Pitt interpreta o personaxe protagonista. Ademais, a película conta con aparicións de Kim Gordon (de Sonic Youth e coñecida de Cobain), Lukas Haas, Asia Argento, e Thadeus A. Thomas. Tamén, o autor e amigo de Van Sant, Harmony Korine, aparece nunha breve escena, facendo un papel similar ao de na película Kids.

Last Days é a terceira película do que o director chamou a súa "Triloxía da morte", que empezou con Gerry (2002) e continuou con Elephant (2003).

Proxecto[editar | editar a fonte]

Van Sant xa tiña pensado facer este proxecto dez anos anos, aínda que as ideas iniciais variarían por temor a demandas da viúva Cobain, Courtney Love, saíndo ao final un filme cuxo parecido á realidade é casualidade. A actriz Asia Argento, que interpretaba á muller do protagonista dixo que "non fixera de Courtney Love""[1].

Música[editar | editar a fonte]

Last Days posúe dúas composicións do actor principal Michael Pitt: unha canción acústica titulada "Death to Birth", un tema eléctrico chamado "That Day". Hai outra peza, "Untitled", de Lukas Haas. Nunha escena o personaxe de Scott escoita "Venus in Furs" de Velvet Underground.

Localización da rodaxe[editar | editar a fonte]

A película foi rodada en Hudson Valley, rexión do Estado de Nova York. Un tratamento feito polo cinematógrafo Harris Savides escurece a imaxe e fai recordar a atmosfera da rexión noroeste dos Estados Unidos.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]