Lassi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vaso de lassi

O Lassi é unha bebida tradicional da India feita a base de iogur. Bébese frío xa que posúe un gran poder refrescante. A bebida pode ser doce ou salgada; neste segundo caso, ás veces, condiméntase con comiño e pementa. Tamén existe o lassi que engade á súa composición froitas como o plátano, a manga ou a papaia.

Variedades[editar | editar a fonte]

Outra variedade é o lassi feito con bhang (Bhang lassi), un líquido derivado do cánnabis, cuxos efectos son semellantes aos da marihuana inxerida. Este tipo de lassi é legal na maior parte da India, adoitando consumirse durante festividades relixiosas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]