Lasius flavus
Lasius flavus | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Obrera de Lasius flavus | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
|
Lasius flavus é unha especie de formiga da familia Formicidae que está moi estendida en Europa, pero tamén se atopa en Asia, África do norte e o leste de América do Norte.[1] As poboacións de Norteaméria son consideradas agora unha especie diferente, Lasius brevicornis.[2][3]
Descrición
[editar | editar a fonte]As raíñas miden de 7 a 9 mm de longo, os machos de 3 a 4 mm e as obreiras de 2 á 4 mm. Estas formigas teñen cores que van do amarelo ao marrón, a raíña e os machos teñen dúas cores o amarelo e o negro. As obreiras de Lasius flavus son monomórfico, é dicir todos os membros son parecidos en forma.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Esta especie vive principalmente nos campos e prados húmidos, e baixo as pedras. Os formigueiros están totalmente baixo terra, e cubertos de herba, a entrada pódese observar que ten forma de montículo.
Formación dos formigueiros
[editar | editar a fonte]Os voos nupciais prodúcense nos días máis calorosos de verán. Estas formigas son falsas polixínicas, é dicir, cando van construír un novo formigueiro varias raíñas xúntanse e fano. Conviven no mesmo formigueiro ata que nacen as primeiras obreiras, entón loitan entre elas ata que só quede unha, que será quen forme a colonia. Forman colonias pequenas, unha colonia madura pode ter uns 500 individuos. Aínda que, nalgúns casos, existen colonias interconectadas que poden chegar a ter 250 000 obreiras.[4]
Alimentación
[editar | editar a fonte]Aliméntanse case exclusivamente da melaza secretada polos áfidos, que se reproducen nos refuxios subterráneos, aos que protexen doutras ameazas a cambio desta substancia nutritiva. Tamén comen pequenos insectos como as cochinillas ou larvas de mosca.[cita [Cómpre referencia]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Lowland Grassland and Heathland Habitats (en inglés). Routledge. 2003-10-04. ISBN 9781134661251.
- ↑ Schär, Sämi; Talavera, Gerard; Espadaler, Xavier; Rana, Jignasha D.; Andersen Andersen, Anne; Cover, Stefan P.; Vila, Roger (2018). "Do Holarctic ant species exist? Trans-Beringian dispersal and homoplasy in the Formicidae" 45 (8): 1917–1928. doi:10.1111/jbi.13380.
- ↑ Bugguide.net. Lasius brevicornis
- ↑ Raignier, Albert (1957). Het leven der mieren. Prisma, The Netherlands.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Clasificación taxonómica da fauna europea. Arquivado 03 de marzo de 2016 en Wayback Machine.
- Web inglesa moi completa sobre todo tipo de fauna.
- Blog sobre formigas Arquivado 01 de abril de 2010 en Wayback Machine. Arquivado