Saltar ao contido

Lasiommata maera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Lasiommata maera

Exemplar macho (Lasiommata maera)

Exemplar femia (Lasiommata maera)
Exemplar femia (Lasiommata maera)

Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Lepidoptera
Familia: Nymphalidae
Xénero: 'Lasiommata'
Especie: ''L. maera''
Nome binomial
'Lasiommata maera'
(Linnaeus, 1758)

A Lasiommata maera é unha bolboreta da familia das Nymphalidae. A especie é común na Península Ibérica e Europa continental; tamén se atopa no Magreb e nas zonas tépedas de Asia. A pesar de ser unha ávida voadora, non se adoita ver voando con fortes ventos.

Descrición

[editar | editar a fonte]

Os exemplares machos teñen o anverso das ás de cor leonado escuro con liñas máis escuras na cela e entre a zona discal e postdiscal. Presentan ademais manchas dunha cor leonada amarelada na zona postdiscal, con ocelo ás veces bipupilado no ápice e liñas finas nas veas. As ás posteriores son tamén de cor leonada escura, excepto en zona postdiscal, con tres ocelos negros.[1]

Os exemplares femias son algo maiores en tamaño que os machos, con tons de cor semellantes nas ás, aínda que menos escuros na zona discal do anverso e teñen os bordos das ás máis redondeados.[1]

O reverso das ás posteriores é similar ás anteriores, aínda que coas zonas escuras de aparencia máis agrisada. Teñen ton agrisado con liñas irregulares marróns e finas entre as zonas discal, postdiscal e marxinal. Presentan ademais ocelos postdiscais pupilados de branco.[1]

Posúen unha lonxitude do bordo da á anterior de 23-25 mm.

Pode atoparse até os 1.800 metros de altitude. Os seus hábitats preferidos son as zonas pedregosas de lindes de bosques e claros de áreas boscosas. A larva aliméntase de gramíneas tales como Poa annua, Festuca pratensis e Hordeum murinum.[2]

  1. 1,0 1,1 1,2 Olivares, J.; Barea-Azcón, J.M.; Pérez-López, F.J.; Tinaut, A.; Henares, I. (2011). Consejería de Medioambiente. Junta de Andalucía, ed. Las mariposas diurnas de Sierra Nevada (en castelán). Granada, España. p. 256. ISBN 978-84-92807-72-7. Consultado o 13 de abril de 2015. 
  2. Waste magazine. "Lasiommata maera" (en castelán). Consultado o 12 de abril de 2015.