Lara Rozados

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Lara Rozados
Nacemento22 de outubro de 1982
Lugar de nacementoPoio
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónxornalista e escritora
PremiosPremio de poesía Victoriano Taibo
Na rede
Instagram: lararozados Dialnet: 3216436 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Lara Rozados Lorenzo, nada en Poio o 22 de outubro de 1982, é unha xornalista, profesora e escritora galega.

Lara Rozados en 2022.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Viviu en Pontevedra até os seis anos, despois en Ferrol, e con sete trasladouse a Santiago de Compostela. Estudou xornalismo na Universidade de Santiago de Compostela e doutorouse en Literatura en 2018 coa tese Prácticas performativas nas poetas galegas contemporáneas. O corpo e a voz como espazos de resistencia. Traballou en Vieiros e A Nosa Terra e despois na compañía de teatro Berrobambán. Fixo un mestrado en Teoría da Literatura e Literatura Comparada. Traballou en Sermos Galiza e na edición do Deza de Faro de Vigo. Traballa nas asociacións Itaca, Cineclub de Compostela e Histeria Teatro. Publicou nos libros Non conciliados e Pirata que editou o Cineclub de Compostela. Exerce como docente de educación secundaria dende 2020.

Obras[editar | editar a fonte]

  • O caderno amarelo, 2014.

Obras colectivas[editar | editar a fonte]

Premios[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]