Saltar ao contido

Lansdowne Road

Lansdowne Road
Lansdowne Road
Datos
Coordenadas53°20′06″N 6°13′45″O / 53.335005555556, -6.2292027777778
LocalizaciónDublín, Irlanda
Construción
Inauguración1872
Demolición2007
Estadio
SuperficieCéspede natural
Capacidade49.000
PropietarioIrish Rugby Football Union
LocalíaSelección de rugby de Irlanda (1872-2006)
Selección de fútbol de Irlanda (1971-2006)
Webhttp://www.lrsdc.ie/home/default.asp
editar datos en Wikidata ]

Para o novo estadio véxase: Aviva Stadium

Lansdowne Road (en irlandés:Bóthar Lansdúin) era un estadio de deportes sito en Dublín pertencente á Federación Irlandesa de Rugby (IRFU) e utilizado principalmente por ela, mais tamén para partidos internacionais de fútbol, finais de competicións e concertos de música. Foi demolido en 2007, e estase a construír no seu lugar un novo estadio, o coñecido coma novo Lansdowne Road: o Aviva Stadium.

Lansdowne Road é tamén o nome da rúa lindeira, da que o estadio recibiu o nome.

Localización

[editar | editar a fonte]
Un DART train pasa por baixo do estadio de Lansdowne Road

O estadio estaba situado no barrio de Ballsbridge na cidade de Dublín na área 4. Cruzaba o Río Dodder e estaba próximo a moitas casas de ladrillo vermello vitorianas, a ponte que o cruzaba é a Pont de Herbert e conecta co cruzamento de Estrada de Herbert e a Avenida Newbridge.

Ao estadio púxoselle o nome da estrada próxima, á cal, a cambio, se lle puxo o nome de Marqués de Lansdowne. O Marqués era tamén o Conde de Shelbourne, e a estrada de Shelbourne próxima tamén se chama así por el.

Como curiosidade, o Lansdowne Road pódese xactar de ter o mellor e máis conveniente sistema de acceso ao transporte público que calquera outro estadio no mundo, isto é porque a estación "Lansdowne Road" do ferrocarril de Dublín (o Dublin Area Rapid Transit ou DART), atópase á saída do estadio e cruza por baixo da tribuna oeste. Este era até 2007, o estadio máis antigo do mundo sobre o que se seguía xogando tanto a rugby como a fútbol. Destaca así mesmo polo incríbel ambiente que se xera en cada partido da selección irlandesa, cunha afección que non deixa en ningún momento de animar o seu equipo, convertendo o estadio nunha caldeira.

A súa capacidade variaba segundo o deporte, posto que no rugby non existe unha limitación de prazas de pé, feito que si se dá no fútbol. Por este motivo os socalcos situados nos fondos norte e sur adaptábanse con cadeiras, polo que a capacidade do estadio diminuía de 49 000 a 36 000 espectadores. No ano 2004 o goberno irlandés xunto coas federacións de rugby (IRFU) e fútbol (FAI) chegaron a un acordo para remodelar por completo Lansdowne Road durante o ano 2007 e 2008, polo que ambas seleccións deberán disputar os seus encontros no estadio Croke Park, pertencente á asociación de fútbol gaélico (GAA) até o ano 2010.

Podemos engadir, como referencia, que este estadio foi usado para concertos dalgunhas bandas tan famosas como R.E.M., U2 e The Corrs, conseguindo enchelo.

Incidentes

[editar | editar a fonte]

Irlanda contra Inglaterra

[editar | editar a fonte]

O 6 de febreiro de 1995, uns seareiros enfurecidos causaron que o árbitro tivese que abandonar o terreo de xogo aos 27 minutos[1] por anularlle un gol a Inglaterra.

  1. "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 21 de setembro de 2011. Consultado o 04 de xuño de 2009. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]