Laia Estrada i Cañón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personailustre Editar o valor em Wikidata
Laia Estrada i Cañón

Laia Estrada (2021) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento19 de setembro de 1982 Editar o valor em Wikidata (41 anos)
Tarragona, España Editar o valor em Wikidata
Deputada do Parlamento de Cataluña
12 de marzo de 2021 –

Circunscrición electoral: Tarragona

Tarragona city councillor (en) Traducir
13 de xuño de 2015 – 19 de marzo de 2021
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Xirona
Universidade de Utrecht
Universidade Autónoma de Barcelona Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactivista social , escritora , política , mestra , científica ambiental Editar o valor em Wikidata
Partido políticoCandidatura d'Unitat Popular Editar o valor em Wikidata
Membro de
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm12767191 Twitter: EstradaLaia Instagram: estrada.laia Editar o valor em Wikidata

Laia Estrada i Cañón, nada en Tarragona o 19 de setembro de 1982, é unha mestra, política e escritora catalá.[1] É licenciada en Ciencias Ambientais pola Universidade de Xirona e ten un mestrado en Estudos Territoriais e Poboacións pola Universidade Autónoma de Barcelona. Participou en movementos feministas, en defensa da sanidade pública e polo dereito á vivenda.[2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla do sindicalista José Estrada Cruz,[3] criouse no barrio de Sant Pere i Sant Pau. É membro do Casal Popular Sageta de Foc, de Ràdio Terra e da Coordinadora de Asociacións pola Lingua Catalana. É membro de Esquerra Independentista dende 2008, primeiro no marco de Endavant, onde participou en varias comisións nacionais, e posteriormente, en 2012, na Candidatura d'Unitat Popular (CUP). Colaborou coa Universidade Comunista dos Países Cataláns (UCPC) impartindo algunhas clases.[4]

Foi concelleira en Tarragona pola CUP dende 2015 ata marzo de 2021,[5] dende onde destapou o caso de corrupción do INIPRO sobre supostas irregularidades na contratación de servizos públicos con fins partidistas e no que están imputado o exalcalde Fèlix Ballesteros e outros altos cargos municipais.[6][7] Encabezou, con Edgar Fernández, a lista da CUP na circunscrición de Tarragona nas eleccións ao Parlamento de Cataluña de 2021,[8] saíndo elixida.[9]

Colaborou en varios libros colectivos, como En defensa d'Afrodita (Tigre de papel, 2013), Les dones als orígens de Torreforta (Círculo de Estudos Históricos e Sociais Guillem Oliver, 2014), Perspectives (Factory Space, 2015), Llums i Taquígrafs. Atles de la corrupció, el frau i la impunitat als Països Catalans (Pol·len, 2016), e Terra de ningú. Perspectives feministes sobre la independència (Pol·len, 2017).[4]

O 13 de maio de 2021, o xulgado de instrución número 6 de Tarragona ditou contra ela auto de recurso e busca tras non comparecer na citación de decembro de 2020 e xaneiro de 2021.[10] Estrada foi acusada de desorde pública na manifestación de Tarragona do 21 de decembro de 2018, en protesta contra o Consello de Ministros do Goberno español, presidido por Pedro Sánchez, que foi trasladado naquela ocasión de Madrid a Barcelona.[10] O día seguinte, a maxistrada do xulgado de instrución anulou o auto ante a incompatibilidade que, ao seu xuízo, supuña citala a declarar como persoa habilitada xa que era deputada no Parlamento de Cataluña desde febreiro.[11] Porén, ante a interpelación previa realizada pola maxistrada ante o Tribunal Superior de Xustiza de Cataluña (TSJC), este respondeu que estaba plenamente autorizada para completar a investigación.[11] Finalmente, o 9 de xullo de 2021, o TSXC arquivou a causa argumentando que o xuíz instrutor de Tarragona só achegou probas da declaración dos Mossos, que sinalaban que Estrada "moveu un valado" para que a protesta puidese pasar por diante do Palacio de Xustiza de Tarragona.[12][13]

Obras[editar | editar a fonte]

  • Des de totes les trinxeres, a primera línia de foc. Tarragona: Lo Diable Gros, 2019. 978-84-949556-4-8.
  • Sortim de l'UCI: proposta per una sanitat pública (escrito xunto con Xavier Milian). Manresa: Tigre de Paper, 2020. ISBN 978-84-16855-80-3.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. L'Accent, ed. (28 de setembro de 2020). "Com més creix de la bretxa entre rics i pobres, els reaccionaris despleguen més feixisme, més racisme i més misogínia". Consultado o 9 de xaneiro de 2021. 
  2. Llegir en català (ed.). "Laia Estrada". Consultado o 9 de xaneiro de 2021. 
  3. Garriga, Josep (11 de febreiro de 1991). "Ingresan en prisión dos dirigentes de CC OO por atentar contra la autoridad". El País (en castelán) (Madrid). ISSN 1134-6582. 
  4. 4,0 4,1 Tarragona.cat (ed.). "Laia Estrada Cañón". Arquivado dende o orixinal o 12 de xaneiro de 2021. Consultado o 9 de xaneiro de 2021. 
  5. Llauradó, Josep Maria (19 de marzo de 2021). "Un plenari, una renúncia, tres talls, vuit hores i onze milions". NacióTarragona. Consultado o 4 de xuño de 2021. 
  6. Oca, Jonathan. "Cas INIPRO: Qui és qui i quins delictes els imputa el jutge d'instrucció". NacióTarragona. Consultado o 9 de xaneiro de 2021. 
  7. 324cat, ed. (7 de decembro de 2020). "Petició de 6 anys de presó per a l'exalcalde de Tarragona Ballesteros pel cas Inipro". Consultado o 9 de xaneiro de 2021. 
  8. "Laia Estrada i Edgar Fernández encapçalen la llista de la CUP a Tarragona pel 14F". 15 de decembro de 2020. Consultado o 9 de xaneiro de 2021. 
  9. CCMA, ed. (26 de marzo de 2021). "Intervenció de Laia Estrada (CUP-G)". Consultado o 31 de marzo de 2021. 
  10. 10,0 10,1 "Un jutjat ordena la detenció de Laia Estrada, diputada de la CUP". ElTemps.cat. 13 de maio de 2021. Consultado o 16 de maio de 2021. 
  11. 11,0 11,1 "La jutgessa deixa sense efecte l'ordre de detenció contra la diputada de la CUP Laia Estrada". ElPuntAvui.cat. 18 de maio de 2021. Consultado o 14 de maio de 2021. 
  12. Piulachs, M. (10 de xullo de 2021). "El TSJC arxiva la causa contra Estrada per desordres". El Punt Avui. Girona. p. 6. 
  13. "El TSJC arxiva la causa contra la diputada de la CUP Laia Estrada". Vilaweb. 10 de xullo de 2021. Consultado o 14 de xullo de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]