Lago Winnipegosis

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 52°30′N 100°00′O / 52.5, -100

Lago Winnipegosis


O lago Winnipegosis é un extenso lago (5.370 km²) localizado no centro de Norteamérica, na provincia de Manitoba, Canadá, a uns 300 km ao noroeste de Winnipeg. É o undécimo maior lago do Canadá.

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

O topónimo Winnipegosis deriva do nome do lago Winnipeg, cun sufixo diminutivo.

Xeografía[editar | editar a fonte]

De forma alongada, con 195 km de lonxitude, é o segundo lago maior dos tres grandes lagos de Manitoba central, sendo os outros dous o Lago Winnipeg, o maior, e o Lago Manitoba. Os tres sitúanse sobre a base do prehistórico Lago Glacial Agassiz.

A cunca fluvial do lago cobre 49.825 km² dos estados de Manitoba e Saskatchewan. Ríos tributarios son Red Deer, Woody e Swan. O lago desauga a través do río Water Hen cara ao kago Manitoba, e así forma parte das bacías do lago Winnipeg, do río Nelson e da baía de Hudson.

Nas marxes do lago están as localidades de Camperville e Winnipegosis.