La Radiolina

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Radiolina
Álbum de Manu Chao
Publicado30 de agosto de 2007
Gravación2006-2007
Duración70:00
Xénero(s)Rock, pop latino, reggae, world music
Selo(s)Because Music
Cronoloxía
Sibérie m'était contéee (2004) La Radiolina

La Radiolina é o cuarto álbum de estudio de Manu Chao. Lanzouse o 4 de setembro de 2007. Italia tivo unha estrea anticipada do álbum o 30 de agosto dese mesmo ano.

"Rainin in Paradize", o primeiro sinxelo do álbum, estivo dispoñíbel antes da súa estrea oficial para descargalo na súa páxina web. O sinxelo conta cun vídeo musical dirixido polo cineasta serbio Emir Kusturica. Tamén ten un vídeo para a canción "Me Llaman Calle", co propio Manu Chao actuando nun bar local.

Linguas e estilo[editar | editar a fonte]

O título do álbum La Radiolina significa a pequena radio en italiano, e fai referencia a un pequeno transistor de radio. O álbum ten como lingua principal o castelán. "Politik Kills", "Rainin In Paradize", "The Bleedin Clown" e as primeiras dúas liñas de "Siberia" están en inglés; "Besoin de la Lune" e "Panik Panik" están en francés; "A Cosa" está en italiano, sendo a primeira canción de Manu Chao nesta lingua; "Amalucada Vida" está en portugués brasileiro.

Musicalmente, o álbum presenta un marcado estilo de Manu Chao no cal se reutilizan bases instrumentais con diferentes letras e melodías:

Lista de cancións[editar | editar a fonte]

  1. 13 Días
  2. Tristeza Maleza
  3. Politik Kills
  4. Ranin in paradise
  5. Besoin de la Lune
  6. El Kitapena
  7. Me Llaman Calle
  8. A Cosa
  9. The Bleedin Clown
  10. Mundorévès
  11. El Hoyo
  12. La Vida Tómbola
  13. Mala Fama
  14. Panik Panik
  15. Otro Mundo
  16. Piccola Radiolina
  17. Y Ahora Qué ?
  18. Mama Cuchara
  19. Siberia
  20. Soñe Otro Mundo
  21. Amalucada Vida

Créditos[editar | editar a fonte]

  • Manu Chao – voz e guitarras[1]
  • Madjid Fahem – guitarra e baixo
  • David Bourguigon – batería
  • Jean Michel Dercourt a.k.a. Gambeat – baixo e coros
  • Roy Paci – trompetas
  • Angelo Mancini – trompeta en "Politik Kills"
  • Tonino Carotone – voz e harmonías "A Cosa"
  • Amadou Bagayoko – guitarra en "A Cosa"
  • Cheik Tidiane – teclado en "A Cosa"
  • Flor – coros en "A Cosa"
  • Beatnik – voz en "Tristeza Maleza"
  • José Manuel Gamboa e Carlos Herrero – guitarra flamenca en "Me Llaman Calle"
  • Escritura, composición e produción – Manu Chao
  • Mestura – Mario C., Andrew Scheps, Manu Chao e Charlie VDE Farravox
  • Masterización – Adam Ayan en Gateway Sound
  • Deseño de arte – Manu Chao e Wozniak
  • Fotografías – Chucolinai

Notas[editar | editar a fonte]

  1. todos os créditos extraídos do folleto do CD La radiolina

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]