Saltar ao contido

La Defensa (Santiago de Compostela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

La Defensa
 Título
La Defensa Editar o valor en Wikidata
 Instancia de
 Lingua
Datas
 Data de comezo
22 de novembro de 1913 Editar o valor en Wikidata
 Data de remate
25 de abril de 1914 Editar o valor en Wikidata
 Fundación / creación
22 de novembro de 1913 Editar o valor en Wikidata
Localización
 Lugar de publicación
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Enciclopedia Galega Universal: 110404
Wikidata

La Defensa foi un semanario editado en Santiago de Compostela entre 1913 e 1914.

Historia e características

[editar | editar a fonte]

Subtitulado Órgano del Partido Republicano de Santiago. Defensor de Compostela. Defensor de la clase obrera, apareceu o 22 de novembro de 1913. Editábase os sábados. Estaba dirixido por José Pasín Romero, concelleiro republicano e presidente da Sociedad de Carpinteros. Entre os redactores figurou Jesús Posse, dirixente republicano, e o propio director, que escribiu artigos co pseudónimo de Espartaco. No primeiro número, nun artigo titulado "A modo de programa", presentaba os seus propósitos fundamentais centrados na fe, vontade, constancia e boa intención. Tiña as seccións: "De sábado a sábado", "Noticias y comentario", "Del Ayuntamiento" e "Cuestiones Obreras". Recolle información das sociedades obreiras de Santiago e as polémicas que mantiveron os concelleiros republicanos Raimundo López Pol e o propio Pasín co grupo de goberno liberal encabezado polo alcalde Luís Blanco Rivero. Inseriu algunhas coplas políticas en galego de Xesús San Luís Romero, asinadas co pseudónimo Un Vello Bergantiñán. Cesou a súa edición o 25 de abril de 1914.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]