José María Castro Bolaño

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaJosé María Castro Bolaño
Biografía
Nacemento1803 Editar o valor em Wikidata
Vilalba, España Editar o valor em Wikidata
Morte1876 Editar o valor em Wikidata (72/73 anos)
Lugo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , avogado , político Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

José María Castro Bolaño, nado en Ladra (Vilalba) en 1803 e finado en Lugo en 1876, foi un avogado, político e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Fixo os seus primeiros estudos no Colexio da Latinidade de Viveiro e despois trasladouse a Santiago de Compostela, onde se graduou en Dereito en 1826. Exerceu a avogacía en Viveiro e despois marchou a Lugo, onde foi deputado provincial e vicepresidente do Consello provincial. Foi director de El Correo de Lugo, no que colaborou con artigos de carácter xurídico e tamén colaborou en La Aurora del Miño, El Eco de Galicia e Revista Jurídica de Galicia.

Obras[editar | editar a fonte]

  • Informe sobre el estado de los montes en la provincia de Lugo y los medios de proveer a su conservación, presentado al Consejo de Administración por su vicepresidente Don José María Castro Bolaño y adoptado por aquel cuerpo y la junta de agricultura, 1850.
  • Memoria sobre la agricultura en la provincia de Lugo, leída en la Junta provincial del ramo por Don José María Castro Bolaño, adoptada e impresa por acuerdo de la misma corporación en sesión del 28 de enero de 1850, 1850
  • Informes sobre las causas de la miseria en Galicia, 1853.
  • Estudio jurídico sobre el foro en su doble concepto de contrato y de derecho real, 1873.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]