L. Susan Brown
L. Susan Brown | |
---|---|
Nacemento | 1959 |
Canadá | |
Nacionalidade | Canadá |
Ocupación | escritora e anarcofeminista |
Coñecida por | The Politics of Individualism |
[ editar datos en Wikidata ] | |
L. Susan Brown, nada en 1959 no Canadá, é unha escritora e teórica anarquista e feminista, considérase unha individualista filosófica e á vez anarcocomunista.
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Brown é máis coñecida polo seu texto xerminal en inglés The Politics of Individualism: Liberalism, Liberal Feminism and Anarchism (1993) publicado por Black Rose Books, no que se fai unha distinción entre "individualismo existencial" e "individualismo instrumental", e examina como estas formas se empregan no liberalismo (en particular, o feminismo liberal) e o anarquismo). Nesta obra afirma que o liberalismo e o anarquismo parten de principios comúns, e que segundo a interpretación destes danse os achegamentos ou enfrontamentos entre ambas ideoloxías.
Publicou numerosos artigos sobre a filosofía política do anarquismo e do feminismo, e o seu traballo se ten traducido ao flamengo, francés, alemán e finés. Brown traballa e vive en Toronto, Ontario, e ten un doutoramento da Universidade de Toronto.
Obra[editar | editar a fonte]
- The Politics of Individualism: Liberalism, Liberal Feminism and Anarchism (1993). Montreal: Black Rose Books. ISBN 978-1551642024
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
Ligazóns externas[editar | editar a fonte]
- Recensión d'A política do individualismo (en inglés), Black Rose Press
- Recensión crítica d'A política do individualismo (en inglés)
- The radical humanism of The Politics of IndividualismArquivado 20 de xullo de 2008 en Wayback Machine.