Lípido fenólico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Bilobol, un alquilresorcinol que se encontra na árbore Gingko biloba.

Os lípidos fenólicos son unha clase de produtos naturais compostos por longas cadeas alifáticas e aneis fenólicos.[1] Derivan de mono e dihidroxifenois. Nos lípidos fenólicos naturais adoitan ter un grupo fenólico alterado de fenol, catecol, resorcinol (algúns derivan de hidroquinonas), e unha cadea alifática que varía en lonxitude e insaturación. Os lípidos fenólicos encóntranse principalmente en plantas, fungos e bacterias.

Debido ao forte carácter anfipático que teñen, os lípidos fenólicos poden incorporarse aos eritrocitos e membranas de liposomas. A capacidade destes compostos de inhibir o crecemento de bacterias, fungos e protozoos parasitos parece que depende das súas interaccións con proteínas e da súa capacidade de alterar as membranas.[2]

A síntese de lípidos fenólicos feita polas policétido sintases de tipo III é esencial para a formación de quistes na bacteria Azotobacter vinelandii, formados principalmente por alquilresorcinois.[3] Tamén se encontraron alquilresorcinol sintases en plantas como o Sorghum bicolor e Oryza sativa.[1]

Algúns alquilfenois prodúcense por síntese industrial para fabricar deterxentes polietoxilados (surfactantes, emulsificantes) e pesticidas.

Tipos[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 Baerson, S. R.; Schröder, J.; Cook, D.; Rimando, A. M.; Pan, Z.; Dayan, F. E.; Noonan, B. P.; Duke, S. O. (2010). "Alkylresorcinol biosynthesis in plants: New insights from an ancient enzyme family?". Plant Signaling & Behavior 5 (10): 1286. doi:10.4161/psb.5.10.13062. [1] Arquivado 31 de maio de 2014 en Wayback Machine.
  2. Stasiuk, M.; Kozubek, A. (2009). "Biological activity of phenolic lipids". Cellular and Molecular Life Sciences 67 (6): 841–860. doi:10.1007/s00018-009-0193-1. PMID 20213924.
  3. Funa, N.; Ozawa, H.; Hirata, A.; Horinouchi, S. (2006). "Phenolic lipid synthesis by type III polyketide synthases is essential for cyst formation in Azotobacter vinelandii". Proceedings of the National Academy of Sciences 103 (16): 6356–6361. doi:10.1073/pnas.0511227103. PMC 1458882. PMID 16597676.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]