Límite de velocidade

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sinal de límite de velocidade de 60 km/h empregado en Australia.
Límites máximos de velocidade en todo o mundo.

O límite de velocidade das estradas é empregado en moitos países para fixar a velocidade máxima (ou mínima nalgúns casos) na que os vehículos poden circular legalmente en diferentes tramos da estrada. Os límites poden ser variables nalgúns lugares, e noutros non existen límites (como as Autobahn en Alemaña). Os límites están normalmente indicados en sinais de tráfico. Os límites de velocidade adoitan estabelecerse polos órganos lexislativos das nacións ou gobernos provinciais, e son aplicados pola policía nacional ou rexional e polos órganos xudiciais.

O primeiro límite de velocidade máxima foi introducido no Reino Unido en 1860: 16 km/h. Entre o 2005 e o 2010, o límite de velocidade sinalizado máis alto era de 160 km/h en Abu Zabi,[1] pero no 2011 foi reducido a 140 km/h.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Gulf News Al Nisr Publishing LLC, ed. (24 de decembro de 2005). "Revised speed limits in Abu Dhabi to stay: Speed limits on the Abu Dhabi-Dubai and Abu Dhabi-Al Ain highways will remain at 160km/h...". Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2013. Consultado o 29 de setembro de 2010. 
  2. Gulf News Al Nisr Publishing LLC, ed. (26 de decembro de 2010). "New speed limit rules in Abu Dhabi". Consultado o 26 de decembro de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]