L'Évasion de Rochefort

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

L'Évasion de Rochefort
Edouard Manet 078.jpg
ArtistaÉdouard Manet
Data1881
Técnicaóleo sobre lenzo
Dimensións143 cm × 114 cm
LocalizaciónZúric

L'Évasion de Rochefort (en galego: A fuxida de Rochefort) é unha pintura realizada por Édouard Manet en decembro de 1880 en vista do Salon de Paris de 1881, dous anos antes da súa morte. A obra é unha homenaxe ao polémico antiimperialista Henri Rochefort e a súa evasión de Nova Caledonia. Porén, a tea presta máis atención á titánica e intimidante mar que rodea á barca e aos seus personaxes. Ao lonxe, pódese espreitar a embarcación a partir da cal os prófugos emprenderon a fuxida. Nesta versión, pódese recoñecer a Rochefort ao mando da lancha.

O cadro exposto finalmente
82 × 67 cm
Kunsthalle, Hamburgo

Manet pintou unha segunda versión da tea na que se pode ver a Rochefort sen unha función particular, nunha embarcación sobre un mar moito máis calmo que ocupa a maior parte da tea. Semella que Manet foi afectado pola polémica sobre a fuxida de Rochefort polo que ao final decidiuse a presentar unha terceira tea na que retrataba a Rochefort, chamada Portrait de Henri Rochefort

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]