Henri Rochefort

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaHenri Rochefort

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento(fr) Victor Henri de Rochefort-Luçay Editar o valor em Wikidata
30 de xaneiro de 1831 Editar o valor em Wikidata
París, Francia Editar o valor em Wikidata
Morte30 de xuño de 1913 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Aix-les-Bains, Francia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemiterio de Montmartre Editar o valor em Wikidata
Deputado da Asemblea Nacional
1885 – 1886
Circunscrición electoral: Seine (pt) Traducir
Deputado da Asemblea Nacional
1869 – 1871
Circunscrición electoral: Seine (pt) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeFrancia Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo París Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónxornalista , novelista , escritor , dramaturgo , político , comuneiro Editar o valor em Wikidata
Empregadormunicípio de paris (pt) Traducir
Le Figaro (pt) Traducir
Le Charivari (en) Traducir
Le Nain jaune (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioGrimsel Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua francesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Arquivos en
Familia
FillosOctave Rochefort (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiClaude Louis Marie Rochefort-Luçay (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsCaroline de Rochefort (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesArmand Dufaux (pt) Traducir (neto)
Henri Dufaux (pt) Traducir (neto)
Auguste-Frédéric Dufaux (pt) Traducir (xenro) Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
abril de 1878-outubro de 1878Noivado (Morges (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 22516 Editar o valor em Wikidata
L'Evasion de Rochefort, cadro de Edouard Manet exposto no museo Kuntshaus de Zúric.

Victor Henri Rochefort, Marqués de Rochefort-Luçay, nado en París o 30 de xaneiro de 1830 e finado en Aix-les-Bains o 30 de xuño de 1913, foi un escritor, xornalista e político francés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de iniciar os estudos de medicina, traballou durante un tempo nun sonado hotel parisiense, para logo adicarse a escribir teatro e ao xornalismo. En 1863 entrou a formar parte do xornal Le Figaro, mais unha serie de artigos, que posteriormente publicaría baixo o título xenérico de A decadencia francesa, provocaron un conflito do xornal coas autoridades e a rescisión do seu contrato.

En colaboración con outros dramaturgos adicouse a escribir unha serie de vodeviles de certo éxito. Tras a saída de Le Figaro fundou o seu propio xornal, La Lanterne. Porén, o xornal foi secuestrado ao saír do prelo o seu undécimo número e Rochefort multado con 10.000 francos e condenado a un ano de prisión.

Pasou entón a publicar o xornal en Bruxelas, dende onde era introducido clandestinamente en Francia, impreso en francés, castelán, inglés, italiano e alemán. Máis tarde, en 1869, consegue ocupar un escano no parlamento francés. Aproveita para encetar un novo xornal, A Marsellesa, que fixo do Segundo Imperio Francés o branco das súas críticas, algunhas baixo a forma de artigos moi violentos. A causa dun deles un colaborador del, Victor Noir, foi asasinado por Pierre Napoleon Bonaparte, sobriño de Napoleón I de Francia. Tanto Rochefort coma outro dos seus colaboradores, Paschal Grousset foron condenados a seis meses de prisión e o xornal clausurado en 1870.

Tras as revoltas parisienses de 1870 foi liberado e formou parte do goberno da Terceira República Francesa, pero as súas simpatías polos comuneiros socialistas fixo que o abandonase. Logo do efémero control do poder ostentado por estes, na primavera de 1871, tentou fuxir de París disfrazado, mais foi novamente apreixado e condenado desta vez a cadea perpetua. Malia os esforzos do escritor Victor Hugo por conseguir a súa liberación foi deportado a Nova Caledonia. En 1874 logrou escapar e viviu exiliado en Londres e Xenebra, ata que a amnistía decretada en 1880 permitiu a súa volta a París, onde volveu fundar outro xornal, L'Intransigeant, de ideario socialista.

A axitación provocada polos partidarios de Georges Boulanger dálle unha nova oportunidade a Rochefort para facer uso do seu xornalismo incendiario e violento. En 1889 seguiu no exilio ao militar e, tras o suicidio de Boulanger, continuou coa polémica dende Londres. Volvería a París seis anos despois. En 1897 estalou o caso Dreyfus. Tomou parte polos anti-dreyfusards, encargándose de organizar a súa campaña de prensa.

Por toda a súa axitada carreira profesional, Rochefort pasou a historia do mundo do xornalismo co significativo alcume de Le prince des polémistes ("O príncipe dos polemistas").

Obras[editar | editar a fonte]

  • Les Petits Mystères de l'Hôtel des Ventes (1862).
  • Les Dépravés (1882)
  • Les Naufrageurs (1876)
  • L'Évadé (1883)
  • Napoléon dernier (3 vols., 1884)
  • Les Aventures de ma vie (5 vols., 1896)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]