Saltar ao contido

Kętrzyn

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaKętrzyn
Imaxe

Localización
Mapa
 54°04′36″N 21°22′31″L / 54.0767, 21.3753
EstadoPolonia
VoivodatosVarmia e Masuria
PowiatCondado de Kętrzyn (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación26.174 (2021) Editar o valor en Wikidata (2.528,89 hab./km²)
Xeografía
Superficie10,35 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude105 m Editar o valor en Wikidata
Creación1329 (Gregoriano) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal11-400 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webmiastoketrzyn.pl Editar o valor en Wikidata

Kętrzyn (en polaco e oficinalmente, pronunciado /ˈkɛntʂɨn/; en alemán: Rastenburg; antigamente en polaco: Rastembork), é un municipio do noroeste de Polonia que en 2004 tiña unha poboación de 28.351 habitantes. Actualmente pertence ao voivodato de Varmia e Masuria, mais entre 1975 e 1998 foi parte do de Olsztyn. É a capital do condado de Kętrzyn, e recibiu o seu nome en 1950 do historiador Wojciech Kętrzyński.

Os poboadores orixinais da rexión foron a tribo báltica dos aesti, mencionados polo historiador romano Tácito na súa obra Xermania. A vila, coñecida en alemán como Rastenburg e en polaco como Rastembork, foi establecida en 1329 no Estado da Orde Teutónica e lle foron recoñecidos os dereitos de vila en 1357.

En 1914, durante a primeira guerra mundial, foi escenario da batalla dos lagos de Masuria durante a campaña de Tannenberg. Durante a segunda guerra mundial foi o lugar onde Adolf Hitler tivo os seus cuarteis militares, chamados Wolfsschanze, e que estaban localizados nun bosque ao leste da poboación. En 1945 a zona foi devastada polos alemáns en retirada e polo avance dos soviéticos na campaña de Vistula-Oder. A vila foi ocupada polo Exército Vermello en 1945 preto do fin da guerra. Logo da guerra, pasou a pertencer a Polonia, como foi acordado na Conferencia de Potsdam. Os residentes alemáns que non foran evacuados foron expulsados e substituídos por polacos. A vila foi renomeada como Rastembork en 1945, e máis adiante, en 1950, cambiou novamente o seu nome polo actual, Kętrzyn.

Persoas vencelladas a Kętrzyn

[editar | editar a fonte]

Cidades irmandadas

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]