Saltar ao contido

Kussondulola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kussondulola
 Instancia de
 Xénero
Datas
 Inicio de actividade
1995 Editar o valor en Wikidata
 Data de fundación
1995 Editar o valor en Wikidata
Localización
 País de orixe
Fontes e ligazóns
Redes
Youtube: UCyn1VU9YLMrVCMTP4NUC_JQ Musicbrainz: 720a4444-2d49-42ba-b509-683844583601 Songkick: 303475 Discogs: 1490870 Editar o valor en Wikidata
Wikidata

Kussondulola é unha banda de reggae angolana residente en Portugal. O líder da banda é o angolano Janelo da Costa, que ademais de músico, tivo tamén unha carreira no fútbol, xogando entre outros clubs, no Inmortal Deportivo Club, principal club de Albufeira.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

En 1995, o grupo lanzou o seu primeiro álbum, Tá-se Ben, que incluía cancións como "Dança No Huambo" e "Perigosa", entre outras. Para promocionar o seu traballo, o grupo tocou en Vilar de Mouros, lanzou o disco en España e venceu no Prémio Banda Revelação dos Premios Blitz.

En 1998, lanzaron o álbum Baza Não Baza, seguido de O Amor É... Bué no ano 2001. En 2004, lanzaron o álbum Cumué?, que reúne os melores temas do grupo. O álbum Survivor, lanzado en 2005, inclúe varios duetos con nomes como Vitorino (en "Maria Tem Fé em Jah"), Kalú (en "Survive Todos os Dias"), Rui Reininho (en "Reggae no Porto"), Rui Veloso e Nanu (en "Viver Sozinho Não Quero") e Miguel Ângelo (en "Desastre Natural"). Kalaf, Sara Tavares, Sam, Dora e Sandra Fidalgo e Legalize son outros dos convidados do disco.

No ano 2006, lanzaron o álbum Guerrilheiro. Conmemoraron 15 anos de carreira cunha edición especial con temas inéditos e ao vivo, reunidos en dous discos de orixinais gravados en 2007, Madié e Natalício, e nunha edición ao vivo da Tour Mayombe 2006. Inclúe 40 temas entre inéditos, gravacións ao vivo, dubs e riddims en diferentes versións de varios éxitos da banda.

Xabarín Club

[editar | editar a fonte]

Kussondulola colaborou en 1995 no programa de televisión Xabarín Club co tema "Tá-se ben na radio" e un videoclip de Ricardo Llovo. O tema formou parte da recompilación A cantar con Xabarín, unha serie de 5 CDs con cancións gravadas por grupos galegos, portugueses, africanos e casteláns. A serie foi recompilada en 2004 nos volumes VI e VII, un CD con 23 temas e un DVD con 48 videoclips.[1][2]

Discografía

[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio

[editar | editar a fonte]

Recompilacións

[editar | editar a fonte]

Álbuns ao vivo

[editar | editar a fonte]
  1. "A música do Xabarín: "Tá-se ben na radio"". pasouoquepasou no YouTube. 
  2. A cantar con Xabarín Arquivado 09 de outubro de 2017 en Wayback Machine., na web de Fol Música.
  3. Myspace.com Kussondulola - Discografia

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]