Kurihara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kurihara-shi - 栗原市
Mapa
Localización de Kurihara na prefectura de Miyagi
Localización da prefectura de Miyagi no Xapón
Información
País Xapón
Illa Honshū
Rexión Rexión de Tōhoku
Prefectura Prefectura de Miyagi
Superficie 804,93 km2
Poboación 76.156 (2009)
Densidade 94,6 h/km²
Alcalde Isamu Satō

Kurihara (栗原市, くりはらし, Kurihara-shi) é un concello da prefectura de Miyagi no Xapón. Está situado no centro da rexión de Tōhoku e ó norte da prefectura, noroeste da illa de Honshū. A súa superficie é de 804,93 km² e a poboación de 76.156 habitantes (2009) e ten unha densidade de poboación de 94,6 h/km².

O concello de Kurihara limita cos concellos de Ōsaki, de Tome (son da prefectura de Miyagi); de Higashinaruse, de Yuzawa (son da prefectura de Akita); e de Ichinoseki (da prefectura de Iwate).

Historia[editar | editar a fonte]

A cidade de Kurihara foi fundada pola fusión de 10 concellos do distrito de Kurihara (Tsukidate, Wakayanagi, Kurikoma, Takashimizu, Ichihasama, Semine, Uguisuzawa, Kannari, Shiwahime e Hanayama) no ano 2005.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]